Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de diciembre de 2017
O Rosal

Festival de Nadal no Rosal

Guardar en Mis Noticias.

O vindeiro sábado 23 de decembro ás17:30h no Auditorio Municipal do Rosal e con motivo do fin de trimestre e das festas do Nadal a Agrupación Musical do Rosal organiza un festival de Nadal.

 

Contará coa participación da Banda Infantil, os nenos e e nenas de Iniciación Musical, Coro Infantil, Coro de Voces e a Minibanda da Escola de Música, que ofrecerán un entretido concerto para o público. Durante o transcurso do acto realizarase a entrega dos premios do III Concurso de Carteis de Nadal. Na entrada principal do auditorio estarán expostos os debuxos gañadores e finalistas do concurso, organizado pola asociación dentro da escola de música.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados