Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de diciembre de 2017
Oia

Oia recibiu este ano 433.000 euros da man da Deputación

Guardar en Mis Noticias.

Oia recibiu, neste ano 2017, da Deputación de Pontevedra o 100 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 433.637,55 €, un 4,41 % máis que no 2016.

 

A Deputación de Pontevedra adxudicou a última achega que lle corresponde ao Concello de Oia ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017, destinada a Investimentos. Grazas a esta achega de 15.388,40 euros, o concello da comarca do Baixo Miño poderá subministrar de novo equipamento ao edificio do concello e á aula de formación.

 

Anteriormente, o concello xa recibira, dentro da súa liña 1 de Investimentos, 35.631,91 € para a recuperación do camiño de Liñares, outros 25.994,94 € para realizar o saneamento do camiño de Videira e a rehabilitación dun lavadoiro en Vilar, outros 20.030,47 € para a ampliación do parque infantil de Mougás e o acondicionamento do acceso ao cemiterio municipal, 6.590,91 € para a subministración de pezas para realizar un illamento acústico, 1.672,89 € para a adquisición de material informático, 161.961,90 € para unha actuación integral no camiño de Refoxos e 6.026,03 euros para mercar unha regadora manual de emulsión en frío e un remolque homologado de aceiro galvanizado con carga de 750 quilogramos. Dentro da liña 2, 65.045,63 € para gastos correntes e, ademais, outros 94.434,08 € para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do Plan Concellos.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados