Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 24 de diciembre de 2017
GALICIA

A Oficina Técnica da Seca propón manter a alerta por seca

Guardar en Mis Noticias.

Na reunión celebrada esta semana analizaron a situación dos ríos, tras o paso da borrasca Ana, cuxas chuvias reportaron unha recuperación dun 30% do caudal circulante.

A Oficina Técnica da Seca propuxo esta semana manter a declaración de alerta por seca en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa, debido a que o caudal circulante dos ríos aínda se atopa a un 52% por debaixo do caudal histórico propio desta época.

 

Esta é unha das principais conclusións á que se chegou esta mañá na reunión da Oficina Técnica da Seca, presidida polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, na que se analizou a situación dos recursos hídricos da Demarcación Galicia- Costa. Os técnicos concluíron que, con carácter xeral, apréciase unha recuperación dos caudais circulantes dos ríos de Galicia-Costa dun 30% respecto dos caudais que levaban os días previos á borrasca Ana.

 

A pesar desta subida xeral, os ríos da demarcación seguen un 52% por baixo do caudal que historicamente circula de media nesta época do ano; e indicaron que é posible que baixen nos próximos días, pois aínda se está a producir a estabilizacións dos mesmos, despois das chuvias da semana pasada. As concas do sur da Demarcación (Pontevedra) e do noroeste (a Mariña lucense) foi onde se notou unha maior melloría, aínda que a borrasca beneficiou a todas as concas da demarcación.

 

 

 

 

A previsión meteorolóxica, outro factor a ter en conta para manter a seca, indica que nos se esperan novas precipitacións ata despois do Nadal, cando se desprace o anticlón

 

 

 

 

Indicaron que tamén se aprecia unha suba nalgúns dos pozos piezométricos que Augas teñen distribuídos pola Demarcación para valorar o nivel das augas subterráneas, que se poden considerar leves ou imperceptibles nalgunhas zonas.

 

En relación coa situación dos embalses, estes tamén melloraron e a media sitúase no 65,9%, empuxada principalmente polo enchido do encoro de Eiras (ao ser o máis grande dos existentes inflúe bastante no dato medio).

 

A OTS recoñece a melloría en xeral, pero a situación segue lonxe da situación de normalidade, e a modo de exemplo expuxeron os datos dos encoros de Forcadas (que abastece á area metropolitano de Ferrol) e Cecebre (abastece a área metropolitana da Coruña), que están un 20% por baixo do normal e mesmo no sur, Zamáns, atópase ao 40% por baixo do normal ou Baiona, un 50% por baixo tamén do normal.

 

 

 

 

A Oficina Técnica da Seca, que incide no chamamento a facer un consumo responsable da auga e reducir o seu consumo, reunirase novamente a principios de xaneiro para valorar a situación

 

 

 

 

De feito, indicaron que se non se contabiliza a situación de Eiras para o cálculo da media de  ocupación, o resto de embalses de abastecemento é de 51,9 %, un dato moi lonxe da media histórica dos últimos 10 anos, un 68%.

 

Á vista desta situación é necesario manter a situación de alerta, un decisión que tamén está avalado tendo en conta a predición meteorolóxica para as vindeiros días, que prevén unha semana seca, sen previsión de novas precipitacións ata despois da xornada da festividade do Nadal, día no que se prevé o desprazamento do anticiclón. Por tal motivo, desde a OTS, que volverá a analizar a situación a principios de xaneiro, inciden na necesidade de reducir o consumo de auga.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados