Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de diciembre de 2017
SALCEDA DE CASELAS

O desemprego baixa en Salceda

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37655]

 

O Concello de Salceda de Caselas ven de experimentar, no mes de novembro, un descenso do paro que se sitúa nun 4,2% respecto ao mes de outubro, segundo os datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística.


No mes de outubro, o número de persoas en situación de desemprego, era de 715 (247 homes e 468 mulleres das que 39 eran menores de 25 anos), mentres que no mes de novembro, a cifra baixaba ata ás 685 persoas (251 homes e 434 mulleres, 37 menores de 25 anos).


A concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, chama a atención sobre o descenso do paro feminino “que no mes de novembro, respecto ao de outubro, diminuíu nun 7,2%”, o que reflicte “o traballo realizado, dende o Goberno, a prol da formación das mulleres e da súa capacitación laboral”. O dato é altamente significativo por canto no mes de novembro, a prensa nacional, e utilizando datos do INE, sinalaba que “o 96% dos novos desempregados que deixa novembro son mulleres”. O notable descendo do paro neste apartado reflicte o intenso traballo desenvolvido.


Para Loli Castiñeira, que asegura que os datos hai que analizalos “dende a prudencia e con moderado optimismo”, é non obstante incuestionable que as cifras “avalan a aposta que, dende o primeiro momento, fixo o Goberno local pola formación e o emprego”.


Nesa liña, a concelleira de Formación e Emprego, destacaba o labor que se desenvolve dende o Centro de Desenvolvemento Local ‘O Torrón’, “onde están centralizadas todas as iniciativas relacionadas tanto coa formación e mellora de capacitación das persoas en situación de desemprego, coma de asesoramento a empresas e autónomos para mellorar a súa proxección e competitividade”.


O Concello de Salceda de Caselas desenvolve anualmente dous plans de formación “que permiten ás mulleres e homes en situación de desemprego, mellorar a súa cualificación, en materias de alta demanda no mercado de traballo e, polo tanto, poidan acceder a este con máis posibilidades de atopar un emprego”.


Pola súa banda, o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, amosaba a súa satisfacción polo feito de que, dende comezos de ano, “o número total de desempregados no municipio, diminuíu nun 22,07%”, diminución que, segundo Besada “non é froito da casualidade, senón dun traballo continuado do Goberno local de cara a dotar, aos nosos veciños e veciñas, da formación e cualificación profesional necesaria para competir, con garantías, no mercado laboral”. Entre todos e todas, conclúe o alcalde, “seguiremos a construír unha Salceda de futuro”. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados