Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 24 de diciembre de 2017
TUI

O antigo Centro de Saúde de Tui concentrará nos tres xulgados da localidade

Guardar en Mis Noticias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que a nova sede xudicial estará operativa no primeiro semestre do 2019.

[Img #37674]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cadenas, e do alcalde, Carlos Vázquez Padín, asistiron esta semana á presentación do proxecto do novo edificio xudicial de Tui, que converterá o o antigo centro de saúde  en sede xudicial.

 

O proxecto conta cun orzamento que supera os dous millóns de euros e que será unha realidade no primeiro semestre do ano 2019, resolvendo así as necesidades actuais e garantindo as mellores dotacións para a Administración de Xustiza nesta vila galega para as próximas décadas, beneficiando así aos 50.000 cidadáns que farán uso desta nova infraestrutura.

 

 

 

 

As obras contan cun orzamento que supera os 2 millóns de euros

 

 

 

 

A nova sede xudicial contará con case 1.500 metros cadrados de superficie útil distribuídos en tres plantas, que permitirán albergar as dependencias dos tres xulgados e tamén Rexistro Civil, forensía, Fiscalía e dependencias para avogados e procuradores, reagrupando no mesmo edificio os tres  xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

 

Segundo explicaron hoxe na presentación do proxecto, na planta soto estarán ubicadas as dependencias para detidos, informática, arquivo e instalacións. Na planta baixa ubicaranse o Rexistro Civil,  Fiscalía, sala de atención ás vítimas, dependencias para avogados e procuradores, Imelga, salas de vista e salas de espera; situándose na planta os 3 Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

 

Esta actuacións inscríbese no esforzo do Goberno galego por seguir colaborando na mellora da administración de xustiza, como se reflicte nos orzamentos de 2018, que xa contempla esta actuacións, e demais melloras en diversas sedes xudiciais galegas, como a Cidade da Xustiza de Vigo ou o edificio xudicial da Parda, en Pontevedra.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados