Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de diciembre de 2017
GALICIA

Xunta, Fegamp acordan avanzar na comarcalización dos parques de bombeiros das cidades

Guardar en Mis Noticias.

O pacto alcanzouse no Grupo de Traballo polas emerxencias, que celebrou esta semana a súa terceira xuntanza, e del só se desmarcou a Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e tres das catro deputacións provinciais acordaron esta semana avanzar na comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades  como unha das fórmulas para reducir os tempos de resposta na xestión das emerxencias.

 

A medida, da que só se desmarcou a Deputación de Pontevedra, aprobouse  na terceira reunión do Grupo de Traballo polas emerxencias, que se celebrou en Santiago de Compostela. Agora ábrese unha nova etapa na que se debe determinar o modelo elixido para abordar o financiamento desa comarcalización e unha negociación coas cidades das que dependen eses parques, que ata o de agora e de forma xeral só atenden ás emerxencias que se producen nos seus propios municipios.

 

 

 

 

Os integrantes do grupo acordaron iniciar as negociacións coas grandes cidades para materializar a iniciativa e reducir os tempos de resposta 

 

 

 

 

A comarcalización é a maneira máis rápida e eficiente de dar un mellor servizo aos municipios que están preto das grandes cidades. Para avanzar neste sentido, a Xunta xa ten asignados 1,7 millóns nos seus orzamentos de 2018 e agarda que as administracións locais, nomeadamente as deputacións, que son as que teñen a competencia en materia de emerxencias nos municipios de menos de 20.000 habitantes, colaboren activamente neste proceso.

 

Ademais, o grupo, esta vez de xeito unánime, acordou as vías para cubrir as zonas de sombra que quedarían pese ás comarcalizacións. Buscarase racionalizar os medios existentes, priorizar as zonas que están a máis de 30 minutos e despois as que están entre 20 e 30, e crear novos servizos, na súa maioría Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES).

 

A concreción destes servizos farase en subcomisións de carácter provincial que permitan avanzar no proceso de mellora da xestión das emerxencias en toda Galicia e cuxa composición se consensuará coa Fegamp e as deputacións provinciais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados