Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de diciembre de 2017
MOTOR

Cinco estrelas en seguridade para o novo Kia Stinger e o Kia Stonic

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37689]

 

A nova berlina deportiva  Kia  Stinger e o crossover compacto  Stonic foron cualificados coa máxima puntuación nas probas de seguridade Euro NCAP. Ambos os modelos recibiron a puntuación de Cinco Estrelas do organismo Euro NCAP; o Kia Stinger obtivo esa cualificación en todas as motorizacións e variantes dispoñibles, mentres que o Kia Stonic unicamente nas versións equipadas co Pack opcional Advanced  Driving Assistance.


Esta organización independente para a avaliación da seguridade outorgou ao Stinger 93% en protección de ocupantes adultos, 81% para protección de ocupantes infantís, 78% para protección de peóns e 82% na nova categoría "Asistencia de seguridade". Pola súa banda, o Kia Stonic equipado co Pack avanzado de Asistencia á condución recibiu unha puntuación de 93% á súa protección de adultos, un 84% pola seguridade de ocupantes menores de idade, 71% pola seguridade dos peóns, e un 59% na categoría de asistencia á seguridade.


Estes resultados son posibles grazas ao bastidor feito con Aceiro Avanzado de Alta Resistencia do  Stinger, xunto con sete airbags de serie (frontais para o condutor e o acompañante, laterais dianteiros, de cortina e de xeonllos no lado do condutor) e unha ampla gama de dispositivos de seguridade pasiva e activa de tecnoloxía avanzada.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados