Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 23 de diciembre de 2017
VIGO

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo elixe a Brais Ruanova como novo Responsábel Comarcal

Guardar en Mis Noticias.

Ponse así á fronte da Responsabilidade primeira da Comarca a once meses da seguinte Asemblea Nacional de Galiza Nova.

[Img #37706]O pasado sábado 16 de decembro, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo elixiu a Brais Ruanova como novo Responsábel Comarcal. Substitúe así a Jessica García, anterior persoa encargada do cargo e que decidiu deixalo por motivos persoais. Así, Ruanova exercerá a Responsabilidade até polo menos a seguinte Asemblea Nacional de Galiza Nova (previsibelmente en novembro de 2018), cando será a quenda de renovar ou reelixir ás persoas que ocupan as Responsabilidades en todo o país.

 

O novo Responsábel apunta a que “a Comarca de Vigo vén dun aumento de militantes e simpatizantes nos últimos tempos e que polo tanto é o momento de traballarmos xuntos por unha nova Galiza. O noso obxectivo é ser a forza da mocidade nunha Comarca na que está esquecida a política xuvenil”. Así mesmo, recoñece que “a anterior Responsábel Comarcal deixou o listón de traballo moi alto e agardo poder facerlle xustiza, co apoio da mocidade da Comarca”.

 

Xunto a Brais Ruanova, continúan as persoas elixidas dende a anterior Asemblea Nacional en novembro de 2016: Brais Ferreiro como Responsábel Comarcal de Organización, Nerea Edreira como Responsábel Comarcal da Asemblea de Mulleres e Xabier Portas como Responsábel Comarcal da Asemblea LGTBI.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados