Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de diciembre de 2017
PONTEAREAS

Ponteareas selecciona persoal para o servizo de emerxencias

Guardar en Mis Noticias.

Trátase de dúas prazas de peón para, unha elas de condutor para o servizo de extinción de incendios e emerxencias.

O Concello de Ponteareas convoca o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dous peóns para o servizo de extinción de incendios e emerxencias, unha delas de condutor.


Os interesados en optar a este contrato temporal a tempo completo deben dirixir as instancias ao Alcalde do Concello de Ponteareas que se poderán presentar no prazo de vinte días naturais ata o 8 de xaneiro.


Para a praza de condutor deberá estar en posesión da ESO ou equivalente, e do carné de conducir C+E. Para a praza de peón Grumir estar en posesión da titulación de certificado de estudios primarios.


Ambas prazas pertencen na actualidade ao servizo de extinción de incendios e emerxencias, polo que a praza de condutor, aparte das funcións propias de condución dos vehículos propios do departamento, estarán incluídas todas aquelas propias do departamento o que estarán destinados e que impliquen a súa participación activa nos servizos de emerxencia que se requiran e que xeralmente serán as da participación conxunta co peón Grumir o que acompañe.


Co obxectivo de garantir á veciñanza un servizo e unha cobertura máis ampla a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, convoca estas prazas para  completar o cadro de persoal do servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8 na actualidade.


“A necesidade derívase fundamentalmente que na actualidade existen no cadro de persoal 10 prazas no servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8. O incremento da plantilla é fundamental para evitar producir un extraordinario número de horas extras, así como a necesidade de acudir de xeito continuado a contratación temporal para cubrir as quendas, que dado o carácter do servizo préstase 24 horas o día os 365 días do ano”, explica Vanesa Fernández.


O goberno engade que cumpre así co compromiso que adquiríu de mellorar un servizo esencial non só para o Concello de Ponteareas se non tamén para o outros oito concellos que atende o servizo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados