Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de diciembre de 2017
TOMIÑO

O Concello comezará en xaneiro novas obras de saneamento en Vilachán e Arrotea

Guardar en Mis Noticias.

O concelleiro de Obras, Francisco Campo, mantivo esta semana unha reunión con veciños e veciñas para informarlles do proceso.

[Img #37736]

 

En total 40 vivendas dos barrios de Vilachán e Arrotea, así como outras tres de Estás, contarán en breve con acceso directo á rede de saneamento. O Concello de Tomiño ten previsto que a adxudicación das obras estea pechada antes de final de ano e que os traballos de ampliación da rede de saneamento nestas zonas comece a mediados do mes de xaneiro. Prevese que as obras estean rematadas en catro meses.


O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campos, mantivo esta semana unha reunión cos veciños e veciñas afectados para explicarlles en que consistirán as obras e como darse de alta, xa que todos aqueles cidadáns e cidadás que fagan a conexión no momento da construción do tramo de saneamento terán unha bonificación grazas ao convenio do Concello coa empresa concesionaria, que serve para unificar e abaratar custes aos tomiñeses e tomiñesas.  


Os veciños e veciñas acolleron de bo grado as obras de ampliación do saneamento nesta zona e amosáronse moi participativos e “agradecidos por dar servizo nunha zona na que algúns cidadáns están tendo moitos problemas coas fosas sépticas particulares”, como salienta o concelleiro.


Durante a reunión informativa, Campos tamén explicou aos presentes a normativa tanto autonómica como municipal que obriga a conectarse á rede de saneamento a todas aquelas vivendas que teñan un acceso a menos de 50 metros da súa propiedade. Para cumprir con esta normativa, o Concello de Tomiño xa puxo en marcha estes días unha campaña de envío de cartas para exhortar aos veciños e veciñas a conectarse á rede ou ben a acudir ás dependencias municipais para estudar a problemática asociada a cada caso en particular e que pode estar dificultando ou impedindo as conexións.


Estas obras forman parte da iniciativa do Concello de Tomiño para seguir ampliando o saneamento no municipio, cunha rede que pasou de cubrir a tan só o 20% das vivendas en 2007 a dar servizo ao 70% das propiedades tomiñesas este ano. Para logralo, o goberno municipal investiu uns 6,5 millóns de euros na ampliación da rede de saneamento e segue a traballar para levar o acceso a todas as vivendas do concello.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados