Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de diciembre de 2017
VIGO

A Xunta supervisa o avance das obras da senda peonil e ciclista na estrada po-552, nos concellos de Vigo e Nigrán

Guardar en Mis Noticias.

Esta actuación, cun investimento de máis de 868.000 euros, está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, que contempla a execución de 12,5 km de novas sendas, cun orzamento global duns 5 millóns de euros.

[Img #37743]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse recentemente ata o barrio vigués de Coruxo onde o Goberno autonómico constrúe unha  senda peonil e ciclista na estrada PO-552, nos treitos Coruxo - Roteas, A Estea e Priegue, nos Concellos de Vigo e Nigrán.

 

O orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 868.000 euros, cofinanciados con fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

O obxecto da actuación é a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-552, en tres treitos situados entre os pp.qq. 3+280 e 7+500. O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase no Pq. 3+280, onde finalizan as beirarrúas existentes en Coruxo, e construirase senda polas dúas marxes da estrada ata o Pq. 3+600, na zona do pavillón de deportes. Desde este punto seguirase pola marxe dereita ata o 4+440, punto situado na zona inicial de San Miguel de Oia.

 

O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía. Prevese a súa construción pola marxe dereita da estrada PO-552, xa que na esquerda xa existe beirarrúa.

 

O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas. Proxéctase tamén pola marxe dereita da estrada.

 

A sección tipo consta dunha senda dun ancho mínimo de 1,8 metros separada da calzada por unha zona axardinada e os bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

 

 

 

 

O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase onde finalizan as beirarrúas en Coruxo e construirase senda polas dúas marxes ata o pavillón de deportes, continuando pola marxe dereita ata a zona inicial de San Miguel de Oia

 

 

 

 

Ademais executaranse outras obras complementarias como a mellora das paradas de bus existentes nos tramos da actuación; a adaptación da intersección do Pq. 3+520 ao paso da senda, de modo que quedará habilitado un cambio de sentido para facilitar os xiros no sobreancho existente neste punto, e a mellora da drenaxe na curva do Pq. 7+100, nas Rexas.


Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, onde a Axencia Galega de Infraestruturas executará aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros. A Xunta ten garantido o financiamento ao terse incluído estas actuacións no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

Segundo indicou López-Chaves, quen estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, a Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados