Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de diciembre de 2017
MOS

Comezan os adestramentos conxuntos entre as mulleres de EVD Galicia e as xogadoras do U.D Mos

Guardar en Mis Noticias.

Trátase dun proxecto de integración deportiva dirixido ás usuarias do centro ocupacional sito en Petelos.

[Img #37750]

 

O Campo de Fútbol das Baloutas xa acolleu o primeiro adestramento conxunto entre as mulleres de EVD Galicia e as xogadoras do equipo Unión Deportiva Mos Senior Feminino, baixo a dirección do técnico do club mosense, Telmo González Dasilva. Durante este primeiro adestramento tamén estiveron presentes o director de EVD Galicia, Leví Olivares González, e o presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, quenes destacaron “a importancia de proxectos coma este para acadar unha integración social efectiva e real das persoas con discapacidade”.


Este foi o primeiro de moitos adestramentos, que non só incluirán a disciplina deportiva do fútbol, senón tamén o atletismo; outra das grandes paixóns das usuarias de EVD Galicia.


Existe xa o propósito de formación dun equipo feminino de Fútbol 7 integrado por mulleres de EVD Galicia e, no tocante ao atletismo, a U.D. Mos realizou a cesión de xeito gratuíto das instalacións e vestiarios do Campo de Fútbol das Baloutas en horario da mañá, momento no que non hai actividade do club, para que poidan realizar os seus adestramentos do equipo co que conta EVD.


O director de EVD Galicia, Leví Olivares, considera que no centro da institución en Petelos hai unhas 30 mulleres con capacidades para xogar ao fútbol e pola súa banda Christian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos, suxeriu a posibilidade de organizar un ou dous adestramentos semanais para que estas mulleres aprendan a técnica necesaria para xogar e se poida formar o equipo. Para todo isto foi necesario previamente un estudo das aptitudes físicas, deportivas e futbolísticas destas mulleres.


Plan Local de Integración
Nun dos últimos ‘Encontros coa Alcaldesa’ que reuniu á rexedora local, Nidia Arévalo, con colectivos de persoas con dispacidade e os seus familiares, surxiu a idea de emprender un plan municipal de integración para discapacitados mosenses creando iniciativas que fomenten a convivencia de persoas con algunha discapacidade e veciños/as con plenas capacidades.


O Plan Local de Integración consta, ademais de actividades deportivas coma esta que vincula á U.D. Mos e a EVD Galicia, de iniciativas laborais e de ocio que integren e fomenten a convivencia de persoas discapacitadas con veciños con plenas capacidades, facilitando e promovendo a participación das primeiras en ditas actividades.


A idea é que o devandito plan se integre de: dende convenios con empresas para a realización de prácticas laborais de persoas con discapacidade en diferentes ámbitos como oficina, xardinería, limpeza, etc. Neste senso o Concello de Mos xa está a traballar en colaboración co Centro das EVD nun proxecto de voluntariado recíproco no que as usuarias de EVD Galicia acompañan e axudan, ao tempo que se forman, aos/ás traballadores/as municipais da limpeza.


Por outra banda, entre as actividades de lecer realizaranse viaxes, festas, cine ao aire libre, cursos… pero sempre que sexan iniciativas integradoras nas que as persoas con discapacidade poidan convivir, interactuar e integrarse con outras con plenas capacidades de cara a conquerir a plena integración deste colectivo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados