Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de diciembre de 2017
TUI

Exposición de 500 beléns dos cinco continentes na catedral de Tui

Guardar en Mis Noticias.

A directora de Turismo de Galicia participou na apertura de ‘Beléns do mundo’, unha ampla colección de nacementos que pode visitarse na Capela das Reliquias.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, subliñou esta semana o carácter único da exposición ‘Beléns do Mundo’, que xa se pode ver na Capela das Reliquias da Catedral de Tui e que este ano medra en número de nacementos ao sumar máis de 500 dos cinco continentes.

 

Como explicou durante a inauguración, esta exposición estase a converter ano a ano en todo un clásico do Nadal galego ao ser quen de reunir un número importante de belenistas e visitantes interesados en coñecer como se representan en distintos países do mundo as escenas máis representativas como a Natividade ou incluso a Epifanía.

 

“É unha ocasión perfecta, ademais, para coñecer a que é a porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués, polo que este ano transitaron xa máis de 59.000 peregrinos, o 20% de todos os que chegaron a Galicia”, dixo.

 

 

 

 

Animou a visitar os diferentes beléns, mercados de Nadal e actividades culturais que se celebrarán nas vindeiras semanas nas catro provincias galegas

 

 

 

 

Neste sentido, Nava Castro recordou que esta exposición de beléns demostra o atractivo da Comunidade galega durante todo o ano e únese aos numerosos nacementos que tamén se poden ver noutras localidades pontevedresas como Mos, Valga –neste caso, o seu belén artesanal en movemento é de Interese Turístico Galego-, Verín ou Vigo, entre outras.

 

Manter as tradicións
A responsable de Turismo da Xunta aproveitou para animar a todos os galegos e visitantes a participar das numerosas actividades que durante estas semanas se celebran nas catro provincias galegas, onde, ademais da ruta belenística, se inclúen os mercados de Nadal ou actividades culturais e de lecer. “Porque é así como mantemos vivas as nosas tradicións, esas que forman parte tamén da esencia de Galicia e do noso turismo”, explicou.

 

A exposición inaugurada hoxe está aberta ao público todos os días ata a fin de semana seguinte a Reis en horario de 10,30 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados