Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 31 de diciembre de 2017
PONTEAREAS

Esquerda Unida condena "a política propagandística da concelleira de ensino"

Guardar en Mis Noticias.

Ante o que califican de "engano e a utilización dun organismo como Unicef".

"A concelleira de ensino presentou no último pleno municipal unha moción para a obtención do selo de recoñecemento de cidade amiga da infancia. Esta moción foi presentada sen ningunha información máis: nin sobre os requisitos, nin os procedementos, nin as obrigas do concello ou os supostos beneficios, nin o máis importante: o obxectivo" explican dende EU Ponteareas.

 

ESQUERDA UNIDA, ante a falta de información por parte do Concello, atopouna na páxina web que Unicef ten adicada a isto. Alí descubriu que "a obtención deste selo é un recoñecemento a un determinado modelo de xestión local enfocado á infancia, cun Órgano de participación da Infancia e Adolescencia dinámico e que no deseño, implementación, seguimento e avaliación desta política as autoridades locais e o equipo técnico traballen en rede, tanto dentro da corporación como a nivel externo. A todo isto hai que sumarlle que entrar neste programa implica ter persoal técnico adicado á implementación e seguimento das políticas orientadas á infancia. A esta cuestión faise referencia en distintas partes da documentación das bases da convocatoria".

 

"Todo este tecido adicado a infancia, a día de hoxe non existe e considerando as políticas da concelleira de ensino, Cristina Fernández, dende que obtivo ese cargo, están moi lonxe de existir. Esta concellería parece adicada exclusivamente á fabricación de novas con fins propagandísticos" explican.

 

"Este selo é un recoñecemento que concede Unicef aos concellos que aplican unha política enfocada á infancia e á adolescencia, pero aquí a pretensión da xunta de goberno é cumprir a toda presa coas condicións esixidas para a súa obtención. Condicións que, para esta convocatoria 2017-2018 deberían estar acadadas en abril de 2018" aseguran dende EU.

 

Para Esquerda Unidad queda "bastante claro que o seu obxectivo non é o de realizar unha política favorable á infancia, se non obter o 'premio' que otorga Unicef. De feito, e tendo en conta que a obtención deste selo non implica ningunha aportación económica nin de persoal por parte deste organismo internacional, o concello pode perfectamente desenvolver estas políticas comezando pola creación dun Plan e dun Órgano de Participación Local da Infancia e da Adolescencia, sen necesidade de comezar optando ao selo".

 

Engaden que "sumada a todos estes datos, a sorpresa atópase no anexo de información sobre as fases de traballo para participar nesta convocatoria: na primeira fase, a organizativa, débense asignar as persoas ou equipo de coordinación e facer unha reunión informativa aos demais concelleiros, partidos políticos, etc, sobre os requisitos, a folla de ruta, o cronograma e a participación de todo actor".


"A Xunta de Goberno saltouse todo este procedemento" aseguran dende ESQUERDA UNIDA que recibiu como única información a moción presentada, moción por certo, que está incluída nos anexos das bases da convocatoria.

 

Segundo EU outra cuestión que non mencionou a concelleira é, que "de concedérselle este recoñecemento  ao Concello, despois faríase un convenio de colaboración no que se establecerían unha serie de obrigas ao concello con respecto a este organismo e no que o único compromiso de UNICEF sería o de 'informar  ao concello de todas as accións que se realicen no marco do Programa de Cidades Amigas da Infancia'”.


Tamén cabe mencionar que outras das obrigas que se establecen nas bases é a de asistir a eventos e formacións propostos polo Programa de Cidades Amigas da Infancia, correndo os gastos de desprazamento a cargo do concello, por suposto.


ESQUERDA UNIDA valorando "toda esta información sumada ao nivel de traballo da concelleira de ensino, advirte que isto só serve a fins propagandísticos como xa nos ten acostumadas Cristina Fernández".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados