Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de diciembre de 2017
Vigo

A Fundación Amancio Ortega construirá unha escola infantil e un centro de atención á parálise cerebral en Vigo

Guardar en Mis Noticias.

Abel Caballero manifestou estar "moi satisfeito co convenio e coa decisión" da Fundación de facer estes investimentos en Vigo, nunha parcela que cederá o Concello e que está situada en Bembrive.

O rexedor deu conta da próxima aprobación do convenio de colaboración entre Fundación Amancio Ortega e o Concello para a construción dunha escola infantil de 82 prazas que se situará na parte alta de Bembrive. Segundo o acordado, a Fundación asume o financiamento completo da construción do centro e do seu equipamento e o Concello encargarase, posteriormente, da súa xestión.

Para o alcalde, isto significa que o goberno municipal dedicará un cuarto de millón de euros en subvencións cada ano ás persoas que utilicen esta nova escola infantil, que se suma ás oito existentes na cidade dependentes do Concello. Caballero amosouse "moi satisfeito co convenio e coa decisión da Fundación", coa que se leva un ano traballando e que permitirá contar con 82 prazas máis de gardería.

Amais, avanzou a sinatura dun segundo convenio entre o Concello de Vigo, a Fundación Amancio Ortega e a Asociación de Atención á parálise cerebral e afíns "AMENCER-ASPACE" para construír un novo centro de ensinanza e atención integral a usuarios afectados por parálise cerebral, dirixido a unha poboación estimada de 145 afectados. Neste caso o goberno de Vigo achega 33.000 euros, a Fundación constrúe o edificio e AMENCER-ASPACE xestionará o centro e levarao adiante no traballo diario.

Sobre as prazas de garderías, o rexedor vigués engadiu que solicitará por carta ao presidente da Xunta a cesión dun local na Cidade da Xustiza para poder instalar unha nova escola infantil, unha demanda que lle trasladaron os traballadores, e que considera que favorece a conciliación familiar e laboral, cualificando de "erro" que a Xunta non tivera contemplada xa esta dotación.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados