Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 30 de diciembre de 2017
O PORRIÑO

O Festival de Cans abre convocatoria, aumenta as seccións a concurso e repartirá preto de 8.000 euros en premios

Guardar en Mis Noticias.

Ata o 4 de marzo, poderanse enviar curtametraxes, videoclips e obras de non ficción, para participar na XV edición do Festival de Cans que terá lugar do 23 ao 26 de maio de 2018.

[Img #37778]

 

O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición  do 23 ao 26 de maio de 2018, abriu este pasado martes 26 de decembro a súa convocatoria de obras a concurso, que presentará moitas novidades con respecto á edición anterior.

 

Entre as pezas que se poderán presentar, que deberán de ser de produción galega e realizadas entre 2017 e 2018, atópanse as curtametraxes de ficción e de animación, así como os videoclips como ven sendo habitual, pero sumarase unha sección novidosa á competición con respecto ao ano anterior. Será a sección “Furacáns”, centrada nas obras de non- ficción e que buscará visibilizar as curtametraxes de creadoras e creadores que asuman maiores riscos narrativos. Esta sección xa foi testada con enorme éxito de público na pasada edición, aínda que foi programada a partir de invitacións cursadas directamente polo festival a directoras e directores. Este ano, a sección será por vez primeira competitiva, e terá un premio de 1.000 euros, que otorgará un xurado específico creado para avaliar estas obras.

 

En total serán 7.900 euros os que o Festival de Cans repartirá entre as obras premiadas, buscando impulsar a creación das novas e novos creadores audiovisuais de Galicia. Ademáis da categoría “Furacáns”, o festival otorgará entre os seus premios principais 2.000 euros á mellor curtametraxe de ficción, 1.500 euros ó premio do público e 1.500 euros á mellor curtametraxe de animación. A maiores recibirán premios económicos ata completar a cantidade final, as categorías de videoclips e as de mellor realización, mellor guión, mellor interpretación femenina e mellor interpretación masculina. As bases completas do concurso e os premios en cada categoría poden consultarse na web www.festivaldecans.gal.

 

 

 

 

O Festival repartirá nesta edición 7.900 euros en premios e creará unha nova sección a concurso, “Furacáns”, destinada a premiar obras de non-ficción e que contará cun xurado propio e con 1.000 euros de premio

 

 

 

 

Outra novidade é que por vez primeira, o Festival de Cans habilitará na súa web un apartado para poder inscribir de xeito gratuíto as obras. Tamén segue manténdose a opción da plataforma www.festhome.com, para quen desexe facelo a través desta vía, cun prezo de 2 euros por cada obra inscrita. O Festival de Cans abre a porta a que creadoras e creadores inscriban libremente obras como documentais e mesmo longametraxes, webseries ou outros formatos, dándolle preferencia na selección a aquelas obras que non fosen estreadas polo momento en Galicia. En base ao material recibido, o Festival de Cans decidirá a incorporación de novas seccións paralelas que poidan enriquecer a programación do festival.

 

Tenda online e sinerxias co comercio local

No seu intento por buscar recursos propios de financiación, o Festival de Cans ten en marcha este Nadal a súa tenda online, na que hai importantes ofertas en productos de merchandising, como mochilas, tazas, camisolas ou suadoiros. Estes productos véndense ademáis en comercios locais de O Porriño, que colaboran co festival, como a tenda de agasallos infantís Tía Tata ou a Xoiería Covelo, que realiza de xeito artesán en prata pendentes, pulseras e colgantes.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados