Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de diciembre de 2017
VIGO

Antes do verán iniciarase a construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Cambeses

Guardar en Mis Noticias.

Vázquez Mourelle fai fincapé na importancia destas iniciativas nunha cidade na que a anulación do PXOM dificulta a construción de viviendas.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, presentou o proxecto para a construción de 36 novas vivendas de promoción pública nesta cidade, que se licita hoxe por 5 millóns de euros e cuxas obras comezarán antes do vindeiro verán.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a licitación desta actuación, cun prazo de execución de 24 meses, aínda que se prevé que se poida rematar a comezos do 2020. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro.


            
Trátase das novas vivendas de promoción pública que se van construir na rúa Ignacio Grobas, nas dúas parcelas do plan parcial de Cambeses, que foron cedidas polo Concello de Vigo para este fin. A cambio desta cesión, o Concello recibirá o 10% da edificabilidade, que se concretará na entrega dos 4 locais comerciais que se obteñan da edificación.

 

 

 

 

Trátase de vivendas de promoción pública de 4, 3 e 2 dormitorios, 2 delas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, que se van construir na rúa Ignacio Grobas, nas dúas parcelas do plan parcial de Cambeses

 

 

 

 

Serán vivendas de 4, de 3 e de 2 dormitorios, 2 delas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Xa están dispoñibles os planos e unhas infografías do proxecto, nas que se pode anticipar o resultado final desta intervención.

 

A titular de Vivenda salientou que a Xunta está a investir máis de 9 millóns de euros na construción ou na reparación e mellora de 96 vivendas de promoción pública nesta cidade.

 

No marco desta aposta do Goberno galego, Ethel Vázquez sinalou que a Xunta tamén está a avanzar na construción doutras 26 vivendas de promoción pública na Rúa Chantada. Serán, igualmente, fogares de 4, de 3 e de 2 dormitorios, 3 deles adaptados a persoas con mobilidade reducida.

 

O proxecto correspondente a estas vivendas está, nestes momentos, redactado e en fase de supervisión, polo que a previsión é que, tan pronto se activen os Orzamentos de 2018, se poida iniciar a contratación das obras, xa no 1º trimestre do ano.

 

A Xunta, a través do programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, vai levar a cabo traballos para reducir o consumo enerxético en 34 vivendas situadas nos bloques 15 e 17 da rúa Menéndez Pelayo. Colocaranse unhas planchas de illamento térmico no exterior dos edificios para aumentar a súa eficiencia enerxética. Estas obras, cun orzamento de preto de medio millón de euros, iniciaranse nos próximos meses e estarán finalizadas no verán.

 

 

 

 

Indica que tamén se está a avanzar na construción doutras 26 vivendas de promoción pública na rúa Chantada, pois o proxecto está redactado e iniciarase a contratación das obras no 1º trimestre do ano

 

 

 

 

Vivenda protexida
A conselleira indicou que o Goberno galego non se conforma con estas actuacións, polo que se está a promover solo residencial para vivenda protexida, fundamental para atender a demanda actual existente.

 

Vázquez Mourelle destacou o caso de San Paio de Navia, onde xa se investiron 10 M€ na adquisición de máis de 50.000 metros cadrados de solo necesarios para a construción de 1.600 vivendas protexidas. Para esta actuación a Xunta reserva nos Orzamentos de 2018 unha partida de 7,1 M€ que permitirán culminar a adquisición de solo e avanzar na súa urbanización.

 

A responsable de Infraestruturas precisou que o Executivo autonómico continuará coa liña de traballo de facilitar o acceso á vivenda a aquelas familias e persoas que máis o necesitan.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados