Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de diciembre de 2017
PONTEAREAS

A “Coral Cantarés de Xinzo” fai a súa presentación oficial ante todos os veciños de Xinzo

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37794]

 

O pasado día 23 de decembro, a parroquia de Xinzo viviu outro acontecemento histórico no ámbito musical e cultural. Nesta ocasión pola presentación oficial da “Coral Cantares de Xinzo”, ante máis de 200 persoas cun auditorio do Centro Cultural de Xinzo completamente cheo.

 

A Coral, composta inicialmente por 20 persoas, ofreceu un concerto en conxunto coa Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX) cun repertorio de obras e cantares tradicionais, tanto de nadal como doutros estilos, cos que deleitaron a todo o público presente. Ademáis a Coral tamén presentou a súa imaxe e vestimenta oficial, sendo de traxe negro con paxariña ou fular vermello.

 

Este proxecto que nace co apoio organizativo e funcional da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, está liderado e dirixido por José Castro Álvarez, titulado superior na especialidade de clarinete. Nas súas palabras "A presentación en concerto da Coral é a consecución dun proxecto que nace da vontade de veciños e veciñas da parroquia que buscaban un espazo onde sacar a luz as súas inquedanzas musicais. Trátase dun grupo moi heteroxéneo, con idades comprendidas entre os 16 aos 80 anos, e a gran maioría sen coñecementos musicais. A pesar de todas estas casuísticas, o grupo conseguiu rapidamente un gran nivel de cohesión, o cal permitiu sacar a diante un amplo repertorio en apenas 2 meses de ensaios”. “O meu labor neste proxecto pasa por aportarlles os recursos e coñecementos necesarios para obter o mellor resultado musical, tendo como principios o traballo en grupo e o desfrute en cada un dos ensaios. Os resultados son visibles nos rostros de cada un dos membros, que tornan a seguinte sesión con moita ilusión e ganas de pasalo ben facendo música cos compañeiros”

 

Francisco Represas, Presidente da BMXX destaca que “este proxecto era unha necesidade de Xinzo que contribuirá a dinamizar aínda máis a actividade musical da parroquia e tamén a de todo o Concello de Ponteareas”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados