Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de diciembre de 2017
MOS

Mos inviste máis dun millón de euros en 2017 no fomento do emprego

Guardar en Mis Noticias.

Esta cantidade, procedente de axudas autonómicas, duplica a inversión do ano pasado.

[Img #37796]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, fixeron esta semana balance da inversión autonómica en 2017 en materia de emprego no municipio, cun resultado que supera o millón de euros e duplica a cifra do pasado ano 2016.

 

Concretamentea as subvencións condedidas ao Concello de Mos a través da concellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia foron para a contratación de persoal dende a administración local de Cooperación, de Orientación Laboral, desempregados/as preceptores/as da RISGA, para impartir Accións Formativas para desempregados (cursos AFD), cursos para a mocidade, dous Obradoiros de Emprego (Mos Verde II e Mos Rehabilita) e para a realización do novo Plan Integrado de Emprego; e ascenderon a un total de 1.053.389,3 euros, fronte ós 501.476 de 2016.

 

Nas axudas para o fomento do emprego e mellora da empregabiliade no ámbito da cooperación coas entidades locais incluiuse un programa de apoio á área de deportes coa contratación de 2 socorristas durante 2 meses para a piscina de San Eleuterio. O importe concedido ascendeu a 6.400 euros.

 

Grazas á subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados preceptores da RISGA para a realización de obras e servizos de interese xeral e social reforzando ás áreas de rehabilitación, mantemento e administrativas do Concello, a administración local mosense contratou 1 auxiliar administrativo e 4 péons de obra pública durante 7 meses, para o cal percibiu unha axuda económica autonómica de 49.748,09 euros.

 

Coa subvención a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral, o Concello de Mos dálle continuidade ao contrato do seu técnico especialista nesta materia durante 12 meses. O importe concedido a tal fin ascendeu a 25.000 euros.

 

Así mesmo o Concello de Mos recibiu unha axuda de 278.070 euros para impartir 4 accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, AFD. Os cursos concedidos son Soldadura oxigás e soldadura MIG/Mag (subvención de 77.826 euros), Montaxe e mantemento de instalación eléctricas de baixa tensión (subvención de 94.102,50 euros), Deseño de productos gráficos (subvención de 58.921,50 euros) e Montaxe e mantemento de redes de auga (subvención de 47.220 euros).

 

Dentro das subvencions para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2017/2018, ao Concello de Mos fóronlle concedidas 2 accións formativas: unha de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio (axuda de 51.998,40 euros) e outra de Promoción turística local e información ao visitante (axuda de 62.339,40 euros). Percibindo neste senso unha aportación autonómica total de 114.337,8 euros.


O Obradoiro de Emprego Mos Rehabilita que comezou o pasado 11 de outubro e rematará o 10 de xullo de 2018 conta cunha subvención autonómica de 279.959,00 euros e dá traballo a 20 persoas distribuídas en dúas especialidades: a de Acabados de construción con novos materiais que conta con 12 alumnos/as-traballadores/as e a de Fabricación mecánica que conta con 8 alumnos/as-traballadores/as.

 

O Obradoiro de emprego Mos Verde II conta cunha subvención de 140.188,65 euros da Xunta de Galicia. Ten unha duración de seis e participan nel 15 alumnos/as-traballadores/as: mozos e mozas menores de 30 anos que se están a formar nas modalidades de de Deseño gráfico (7 persoas), e Limpeza de Espazos Públicos e Xestión de Residuos (8 persoas).

 

Por último atópase a axuda autonómica destinada ao III Plan Integrado de Emprego “Mos 3.0” cuxo importe concedido ascende a 159.685,84 euros. O importe total proxecto é de 192.392,58 euros polo que o Concello cofinancia unha parte: 32.706,74 euros.

 

Os representantes municipais, Arévalo e Soto, declararon a este respecto que “a pesar de non ser unha competencia municipal, o emprego é unha das principais prioridades deste goberno, como demostra a xestión municipal realizada para duplicar a inversión autonómica en Mos nesta materia, chegando a superar o millón de euros. E pola nosa banda, dende o Concello, tamén facemos esforzos por apoiar ós plans e programas de fomento do emprego, e por iso no orzamento para 2018 increméntase esta partida en 20.000 euros; confírmase, polo tanto, que Mos é territorio de oportunidades para as persoas en situación de desemprego”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados