Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de diciembre de 2017
SALCEDA DE CASELAS

Os populares indignados con Besada que "explica como propia a rebaixa do IBI"

Guardar en Mis Noticias.

Os Populares de Salceda de Caselas levaron a proposta "ata en dúas ocasións ó Pleno e o Alcalde impediu a súa votación" segundo explican.

"Despois do Pleno do pasado venres, os salcedenses espertaban ca noticia do Goberno Municipal explicando como propia unha proposta que, en realidade, foi presentada polo Grupo Popular de Salceda de Caselas o pasado 18 de Agosto e que, o mesmo Alcalde que presumiu nos medios de comunicación da mesma, chegou a vetar ata en dúas ocasións (Pleno de agosto e Pleno Extraordinario de novembro)" explican nun comunicado emitido polo PP local.

 

“En primeiro lugar é importante destacar dous datos que non se mencionan, mais que son fundamentais para que os veciños e as veciñas comprendan o xeito de proceder e as mentiras do actual Goberno Municipal: Besada subiu o recibo da urbana (IBI) dende o ano 2011 nun 37% ós salcedenses e, por se fose pouco, ven de solicitar unha nova subida no recibo dun 8% para o vindeiro ano (2018)” explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila.

 

Continúa o voceiro “A única realidade é que a medida que o Alcalde explica como propia nos medios de comunicación, foi presentada polo Grupo Popular o pasado 18 agosto a través dunha moción, como así o podemos demostrar con documentos oficiais do rexistro de entrada do Concello. A moción recollía, por unha parte, a redución do recibo do IBI para certos bens tales como galpóns, galiñeiros, almacéns para gardar apeiros de labranza, leña e similares –entre outros- e tamén a redución do recibo (urbana) para as familias numerosas que cumprisen certas condicións. Pois ben, non contento con subir o IBI, no Pleno de Agosto, o Alcalde impedía a votación e o debate desta proposta asegurando que el era o que mandaba e que era inviable. Pese a todo, este Grupo non desistiu e, ante a actitude dictatorial e irresponsable do mesmo, solicitou un Pleno Extraordinario para tratar o tema. No Pleno que tivo lugar o mes de novembro, voltouse a repetir a situación: O Alcalde vetaba a votación para rebaixar o recibo da urbana ós veciños.

 

 

 

 

 

Besada subiu o recibo da urbana nun 37% dende o 2011 e voltará a subilo nun 8% no 2018

 

 

 

 

Despois de todo isto, no Pleno do pasado venres (seis meses despois de que a presentaramos) aprobábase finalmente a nosa proposta e, aínda que nos alegramos, o que non podemos permitir é que se minta sobre o tema ós/ás veciños/as: o Alcalde que se atribúe o logro vetou esta proposta en dúas ocasións. Esta tardanza en aprobala supón que a rebaixa no recibo non será efectiva ata o ano 2019 e que se fose aprobada no mes de agosto como os populares pretendiamos, xa nos beneficiaríamos da mesma no ano 2018. Ademais, o Alcalde subiranos o recibo do IBI nun 8% para o vindeiro ano (2018)”.

 

“A Besada, ós veciños dámoslle igual, e dalle igual que teñamos ou non saneamento, que suframos problemas de seguridade e que paguemos máis polo IBI, porque el vive en Mos. O que está claro é as mentiras deste Goberno e do Alcalde, en concreto, non teñen límite. Afortunadamente cada día son máis os veciños que se decatan de que se lle está a caír a careta” remata Davila.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados