Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 31 de diciembre de 2017
TURISMO

Turismo rural e gastronomía foi elixida por máis de 59.000 persoas nos 11 anos do ‘Outono Gastronómico’

Guardar en Mis Noticias.

A iniciativa, impulsada por Turismo de Galicia, desenvolveuse nesta edición entre os meses de setembro e decembro coa participación de preto de 90 casas rurais.

[Img #37810]

 

A combinación de experiencias gastronómicas coa estancia en casas rurais galegas foi elixida por máis de 59.200 persoas nos 11 anos que leva en marcha o Outono Gastronómico, a iniciativa impulsada por Turismo de Galicia que contribúe a atraer visitantes ás contornas rurais galegas tamén fóra de tempada alta e que se está a consolidar como un referente da época turística outonal.

 

A edición deste ano contou coa participación de preto de 90 casas rurais das catro provincias, dos que 26 establecementos eran da provincia de Pontevedra, 22 da Coruña, 21 de Ourense e 20 de Lugo. Cunha cualificación de 4,7 sobre cinco, os responsables dos establecementos galegos valoran de moi satisfactoria a súa experiencia e 9 de cada dez repetiría en próximas campañas para axudar a atraer visitantes fóra de tempada alta.

 

 

 

 

Os establecementos valoran moi satisfactoriamente a experiencia e 9 de cada dez repetiría en próximas campañas para atraer visitantes fóra de tempada alta 

 

 

 

 

Esta proposta turística combina restauración e aloxamento con modalidades e prezos atractivos para favorecer o turismo rural en Galicia onde se congrega preto da metade dos establecementos de turismo rural con Q de Calidade que hai en España: 35 de 81. Os participantes ofreceron entre os meses de setembro e decembro dous menús diferentes deseñados especificamente para o Outono Gastronómico, con cociña tradicional seguindo a filosofía quilómetro 0, para impulsar os produtos locais. Propuxéronse as modalidades Menú Outono Gastronómico sen pernoitar, Paquete Outono Gastronómico para unha noite, Fin de semana Outono Gastronómico para dúas noites e Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos.

 

Crecemento dun 4% no turismo rural
O Outono Gastronómico, no que este ano participaron máis de 2.500 persoas en parella, familia ou con amigos, contribúe, ademais, a afondar na desestacionalización na que se traballa da man da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado entre a Xunta e o sector para acompañar o crecemento de visitantes que está a vivir Galicia. Esta folla de ruta está a dar os seus froitos tamén no turismo rural, pois nos dez primeiros meses deste ano medrou máis dun 4%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

Ao Outono Gastronómico, súmanse iniciativas como De tapas por Galicia, que mestura turismo urbano con gastronomía nas cidades galegas ou a ruta gastronómica nas fins de semana nos concellos do Camiño Francés na Coruña e Lugo. Tamén os Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia con travesías polas Rías Baixas entre os meses de xuño e novembro, nas que este ano participaron máis de 1.000 persoas ou os Trens turísticos de Galicia, que na edición deste ano contou coa participación de máis de 2.100 persoas.

 

 

 

 

Estase a consolidar como un referente da oferta turística outonal xunto a iniciativas como os ‘Minicruceiros costeiros polas rías’, os ‘Trens turísticos de Galicia’ ou as experiencias nos parques naturais, entre outras

 

 

 

 

Fóra de tempada alta, Galicia tamén presenta unha oferta de turismo sustentable e activo con 18 experiencias nos seis parques naturais galegos. Distribúense en tres  propostas en cada un dos parques con rutas fotográficas ou ornitolóxicas, sendeirismo, ciclismo, equitación, saídas en barco, kaiak, paddle surf, paddleboard, visitas a covas, aldeas ou adegas. Os centros BTT de bicicletas todo terreo e a oferta enoturística e termal son outras das experiencias.

 

Iniciativas como estas están a contribuír a que o turismo galego estea a medrar máis intensamente nos meses fóra da tradicional tempada alta. Tras os últimos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), novembro converteuse no mes no que este crecemento foi máis notorio, con preto dun 12% máis de viaxeiros aloxados nos hoteis galegos que o ano anterior. Tras novembro, o turismo galego medrou máis intensamente nos meses de outubro,  xaneiro, maio, febreiro, setembro e xuño.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados