Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de diciembre de 2017
GALICIA

Feijóo apela a unha oposición útil para os intereses de Galicia

Guardar en Mis Noticias.

Destaca a importancia da oposición non só a hora de discrepar “senón tamén para acordar e pactar”; e asegura que por parte da Xunta non haberá nunca ningún obstáculo, “xa que desde o Goberno –di- estamos para facer políticas útiles e reforzadas”.

[Img #37817]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe a unha oposición útil para os intereses de Galicia e capaz de chegar a acordos de país nos asuntos de maior importancia para o presente e o futuro da Comunidade como son: o financiamento autonómico, o desafío demográfico, a política forestal, a violencia de xénero e a xestión dun novo mapa de emerxencias.

 

Nesta liña, Feijóo cualificou a xuntanza mantida esta mañá co novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, de “produtiva e esperanzadora”. “O futuro nos dirá se somos capaces de avanzar nestas cinco liñas mestras”, aseverou, destacando a importancia do papel da oposición non só a hora de discrepar “senón tamén para acordar e pactar”.

 

Diante disto, asegurou que por parte do Executivo autonómico non haberá nunca ningún obstáculo, “xa que desde o Goberno –sentenciou- estamos para facer políticas útiles e reforzadas”.

 

 

 

 

Sobre un novo modelo de financiamento, incide na necesidade de que se teña en conta o custo efectivo dos servizos; a ponderación do gasto sanitario; ou o factor obxectivo da dispersión poboacional, xunto co envellecemento

 

 

 

 

Así, no tocante á negociación dun novo modelo de financiamento autonómico, o presidente da Xunta trasladou ao secretario xeral do PSdeG unha copia do acordo asinado con Asturias e Castela e León, onde se resume o contido e alcance da postura da Comunidade galega neste eido. E referiuse, tamén, á moción pactada entre o PSdeG e o PP na Cámara galega, onde se establecen os principios nos que se basea o posicionamento de Galicia no Consello de Política Fiscal e Financeira, entre os que destacou: o custo efectivo dos servizos; a ponderación do gasto sanitario de acordo coa realidade; o factor obxectivo da dispersión poboacional, xunto co envellecemento; e que as diferenzas no endebedamento entre as comunidades non sexan un elemento definitorio para a asignación do financiamento.

 

Así mesmo, o titular da Xunta valorou a disposición do secretario xeral do PSdeG de manter, non vindeiros meses e segundo se avance nesta materia, un fío de comunicación e diálogo aberto.

 

En relación ao reto demográfico, Feijóo expuxo como referencia o traballo que se está a desenvolver no Foro de Rexións con desafíos demográficos, onde participan comunidades gobernadas por distintas forzas políticas. E, destacou a modificación do Observatorio Galego de dinamización demográfica para dar cabida a todos os grupos parlamentarios, co obxectivo de avanzar conxuntamente nunha futura Lei de impulso demográfico.

 

Durante o encontro, o presidente da Xunta e o secretario xeral do PSdeG abordaron tamén os retos aos que se enfronta Galicia en materia forestal. Ao respecto, subliñou que a comisión que se constituirá de xeito inmediato no Parlamento servirá para traballar sobre as propostas nesta materia presentadas polo Goberno galego como: un novo Plan forestal, limitar o número de hectáreas de eucaliptos, a limpeza das franxas e das parcelas nos núcleos rurais ou a responsabilidade que supón a propiedade forestal.  

 

 

 

 

En materia forestal, subliña que a comisión que se constituirá na Cámara galega servirá para traballar sobre as propostas presentadas pola Xunta como: un novo Plan forestal, limitar o número de hectáreas de eucaliptos ou a limpeza das franxas e das parcelas nos núcleos rurais

 

 

 

 

En relación á loita contra á violencia de xénero, Feijóo incidiu na disposición do Goberno galego, “aberto sempre ás propostas que cheguen desde a oposición”. E expuxo a necesidade de facer fincapé nas mensaxes e nos valores para que a sociedade denuncie, “para que non haxa unha soa muller en Galicia que estea sufrindo malos tratos que quede sen denunciar”.

 

Por último, outro dos temas analizados na xuntanza foi a busca de puntos en común no que respecta á xestión dun novo mapa de emerxencias. Sobre este punto, Feijóo avogou por seguir traballando para ampliar a cobertura dos bombeiros municipais das cidades, incidindo na necesidade de estender o acordo acadado coas Deputacións de Lugo, da Coruña e de Ourense á Deputación de Pontevedra, “e facer un gran acordo para avanzar tamén nas políticas forestais”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados