Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de diciembre de 2017
GALICIA

DisCamino recibiu os chalecos da campaña #eufágomever

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37812]

 

Os integrantes da Asociación DisCamino serán a partir de agora máis visibles nas estradas. A Federación Galega de Ciclismo encargouse de entregarlles os chalecos reflectantes da campaña #eufágomever #eusonciclista, a iniciativa impulsada polo ente autonómico en colaboración coa Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Delegación do Goberno, a Garda Civil de Tráfico de Galicia e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT).


Desde a súa creación no 2009, DisCamino leva eliminando barreiras para as persoas con algunha discapacidade. Naceu para que os compoñentes deste sector da nosa sociedade puidesen gozar de todo o que o Camiño de Santiago ofrece a calquer outro peregrino. Javier Pitillas é o motor desta asociación que día a día non deixa de ampliar os seus retos.


Entre os seus colaboradores merecen unha mención especial os irmáns Pino. Por unha parte Jorge, expresidente da Federación Galega de Ciclismo, e por outra Álvaro, o gañador da Volta Ciclista a España de 1986 e un dos grandes mitos deste deporte en Galicia. Os dous xa se vestiron os novos chalecos e saíron a rodar acompañando aos deportistas de DisCamino.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados