Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 31 de diciembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

Os Bolechas visitaron Salvaterra de Miño para presentar o seu novo libro “Salvaterra Vila Milenaria”

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37814]

 

O pasado sábado 23 de decembro os Bolechas, Carlos, Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa,  achegáronse a Salvaterra de Miño, e xunto o seu creador Pepe Carreiro fixeron a ledicia de todos os presentes, sobre todo dos mais cativos, no acto organizado polo Concello co fin de presentar un dos seus últimos libros “Salvaterra Vila Milenaria, libro editado polo Concello e que contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Promoción Lingüística provincial.

 

Os Bolechas contan con máis de 550 títulos e mais dun millón e medio de exemplares distribuídos,.... Foi no 2012 cando deron un gran salto, traspasando as fronteiras literarias para chegar a todos os ámbitos culturais  e de ocio, relacionados coa infancia e co noso idioma, o galego, coa súa serie de televisión e diversos espectáculos.

 

Foron moitas as familias que se desprazaron ata a Praza do Concello para sacarse unha foto cos Bolechas e levarse un exemplar deste libro asinado polo seu autor, Pepe Carreiro... un home do que din que é moi difícil encasillar, xa que tanto o podemos encontrar na disciplina de ilustración, de publicidade, deseño gráfico ou debuxo, a súa gran paixón, e que gracias o cal fixo que moitos nenos e nenas, pais e nais  lerán en galego.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados