Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de diciembre de 2017
MOS

Mos solicita a Deportes novas melloras na cuberta, gradas e vestiarios do Pavillón Soledad Castro

Guardar en Mis Noticias.

A Secretaria Xeral, Marta Míguez, supervisou onte as obras xa realizadas na instalación deportiva que fora derrubada polo temporal de febreiro.

[Img #37831]

Onte o Pavillón Pena de Francia, que leva o nome da atleta mosense Soledad Castro, recibiu a visita da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, que estivo acompañada por Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes de Mos, Camilo Augusto, concelleiro de Educación de Mos, Luis Alonso, concelleiro de Vías e Obras de Mos e demais membros do equipo de goberno local.

 

Míguez Telle supervisou os traballos xa rematados de rehabilitación da infraestrutura deportiva, a máis antiga do Concello de Mos, que fora derrubada polo forte temporal acaecido a principios de febreiro do presente ano 2017.

 

A administración local mosense logrou financiación autonómica para o cambio do solo da instalación deportiva e a reforma dos vestiarios, xunto co levantamento das novas paredes que asumiu o seguro e a acometida do tellado da que se fixo cargo o propio Concello. O orzamento da reforma ascendeu a 300.000 euros que se financiou unha parte con cargo ao seguro, outra con fondos propios municipais e unha terceira parte, a correspondente ós traballos de drenaxe, foi asumida pola Xunta de Galicia.

 

As obras executadas no pavillón consistiron fundamentalmente na reposición total das paredes, cuberta e o solo. Máis detalladamente os traballos a realizar foron limpeza e retirada de todos os entullos, limpeza da primeira fiada de bloque, que se atopaba delimitando perimetralmente as dúas fachadas, escavación das dúas fachadas para a realización da cementación das paredes, formigonado e armado da cementación para enlazar as paredes, realizar unha repartición da lonxitude total da fachada en 4 vanos; realización dun novo cerramento, retirada e nova colocación da carpintería metálica exterior (fiestras), colocación de carpintería metálica na fachada principal (existía unha porta metálica de dúas follas e con mainel fixo polo que accedía o público sendo o acceso dos xogadores  polos vestiarios), disposición da instalación eléctrica nas paredes (previo ao temporal nas paredes existían focos de iluminación e sinalización de emerxencia) e repaso da cuberta.

 

A pesar dos traballos realizados, ao tratarse dunha construción de máis de 20 anos de antigüidade, o Pavillón precisa de melloras a maiores na cuberta, as gradas, os vestiarios e a iluminación; así coma a renovación de dous termos eléctricos, para o cal os representantes municipais lle solicitaron hoxe axuda económica á Secretaria Xeral para o Deporte.

 

Pola súa banda esta mañá Arévalo lamentou que “o proxecto do novo pavillón de Pena de Francia que lle presentamos á Deputación de Pontevedra para a mellora integral do edificio, co que se optou á liña de subvencións que a administración provincial sacou para complementar ó Plan Concellos e que está dotada de 18 millóns de euros, non foi tido en conta e, unha vez máis, a Deputación deixou na estacada ao Concello de Mos adxudicando a maioría destas axudas aos municipios socialistas da provincia; é por elo que unha vez máis tivemos que botar man da administración supramunicipal que nos escoita, a Xunta de Galicia”.

 

A rexedora local mosense lamentou así mesmo que “a Deputación non colaborase co Concello de Mos nas situacións extremas e sobrevenidas consecuencia dos graves temporais sucedidos durante os invernos de 2016 e 2017, durante os que non fixo nada por axudar e tampouco apoiou o proxecto municipal necesario para subsanar un dos principais danos causados polas consdicións meteorolóxicas adversas, que foi o derrube do Pavillón Pena de Francia”, concluiu.

 

O Pavillón Pena de Francia dá servizo ao CEIP Pena de Francia, o Colexio de Educación Infantil e Primaria con maior número de alumnos/as de todo o municipio e foi o ben municipal que resultou máis danado polo temporal de febreiro no que se derrubaron dúas paredes por completo existindo risco de derrubamento total de todo o Pavillón.

 

Ademais de derrubarse por completo dúas paredes, tamén se produciu a rotura de parte da cubrición dos vestiarios producindo a entrada de auga nos mesmos.

 

Esta instalación deportiva fora construída fai máis de 20 anos sobre unha antiga pista de terra. O chan do terreo de xogo instalouse sen placa e sen acometida de drenaxe de augas, o que motivaba que o solo se atopase constantemente mollado. Así mesmo o tellado do pavillón xa sufría pequenas filtracións de auga que tras o temporal, loxicamente, incrementáronse.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados