Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de diciembre de 2017
GALICIA

Marta Míguez presenta o Campionato de España de Balonmán Galicia 2018

Guardar en Mis Noticias.

O Campionato de España de Balonmán de Seleccións Autonómicas nas categorías infantil, cadete e xuvenil contará coa participación de 2.000 deportistas e celebrarase nas cidades de Vigo, Pontevedra, Poio, Porriño e Marín.

[Img #37838]

 

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Balonmán de Seleccións Autonómicas Galicia 2018, que terá lugar do 2 ao 7 de xaneiro na provincia pontevedresa e, nomeadamente, nas cidades de Vigo e Pontevedra. Neste sentido, a responsable do Deporte galego dixo que Pontevedra “será, de novo, o epicentro nacional do balonmán”. “Unha provincia acostumada aos éxitos deportivos dos seus equipos, especialmente aqueles que se desempeñan na modalidade deportiva do balonmán”, engadiu.

 

Despois de lembrar os éxitos dalgúns dos principais clubs de balonmán da provincia de Pontevedra, Marta Míguez destacou que, “ademais da calidade balonmanística”, Galicia conta con “destacadas infraestruturas e unha afección intensa, respectuosa e comprometida  a apoiar aos seus equipos”. “Por todos estes motivos, non podía ser outra provincia máis que Pontevedra a que acollera o Campionato de España de Balonmán de Seleccións Autonómicas nas categorías infantil, cadete e xuvenil”, indicou.

 

A secretaria xeral falou da importancia que ten o balonmán nas idades máis temperás e, proba diso, apuntou que o Programa Xogade, que desenvolve a Secretaría Xeral para o Deporte, sinala ao balonmán “como unha das súas modalidades deportivas máis destacadas, tanto na actividade escolar como na federada”.

 

O Campionato de España de Balonmán de Seleccións Autonómicas nas categorías infantil, cadete e xuvenil contará coa participación de 2.000 deportistas e celebrarase nas cidades de Vigo, Pontevedra, Poio, Porriño e Marín,

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados