Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 31 de diciembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

O BNG levará ao Parlamento Europeo a situación das Covas de Salvaterra a través de Ana Miranda

Guardar en Mis Noticias.

O Bloque considera "o proxecto totalmente innecesario habendo outras necesidades básicas".

[Img #37842]

 

A Portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, visitou o recinto amurallado de Salvaterra de Miño acompañada de membros do BNG e da Plataforma en Defensa das Covas. A súa visita fai explícito o seu apoio, interese e compromiso a respecto da situación na que se atopa o proxecto unilateral impulsado polo alcalde do PP en Salvaterra, Arturo Grandal, de converter as Covas nun museo do viño. O BNG considera este proxecto “completamente innecesario, habendo como hai en Salvaterra necesidades reais básicas, como unha biblioteca, saneamento nas parroquias ou un punto limpo entre outras moitas cuestións”.

 

No interior do recinto amurallado, desde a Plataforma lembraron a Ana Miranda que “na Casa do Conde foron investidos 240.000€ dos cales case 200.000 saíron dos fondos europeos FEDER, para a súa conversión en Casa do Viño. A propia Ana Miranda comprobou que “alí só se executaron obras de restauración e colocouse unha placa co novo nome na porta, máis nada. Segue pechada e sen uso ningún”. Neste sentido, Miranda indicou que “é preciso esixir control dos fondos europeos para evitar que se gasten nunha instalación que se mantén pechada mentres unha vila continúa sen servizos básicos”.

 

O BNG, a través da súa portavoz en Europa, Ana Miranda, trasladou á Plataforma en Defensa das Covas o compromiso de dar traslado ao Tribunal de Contas do Parlamento Europeo do estado no que finalmente quedou ese espazo, no cal se investira o nomeado diñeiro saído das arcas comunitarias.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados