Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de diciembre de 2017
VIGO

Novas análiticas confirman valores máximos de ferro e aluminio na auga de Vigo e Redondela

Guardar en Mis Noticias.

As mostras recollidas o martes 26 e analizadas no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia revelan que se superaron os indicadores máximos que marca a normativa.

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman novos picos dos valores de ferro e aluminio nos concellos da área territorial de Vigo, con parámetros que seguen a ser altos. Así, as mostras recollidas polos técnicos da Xunta revelan que nalgúns puntos da rede de abastecemento de Vigo e Redondela se superaron os indicadores máximos que marca a normativa. En termos xerais, a auga segue sen reunir as condicións que garanten a súa calidade.

 

Segundo revelan as mostraxes realizadas con data do 26 de decembro nos recoñecidos coma “puntos negros” da rede de abastecemento do Concello de Vigo, na acometida do CEIP Ría de Vigo en Canido os valores marcan 1111 partes por billón de ferro, mentres que no interior do colexio a proporción baixa ata os 430. Un desfase que os técnicos explican pola falla de actividade no centro escolar. Estes datos dispáranse na rede de Canido onde se mediron 1484 ppb de ferro e 2276 de aluminio. Caso similar é o de CEIP San Salvador de Teis, con 1019 ppb de ferro na acometida e 558 no interior das instalacións do centro.   

 

 

 

 

Sanidade advirte ás empresas de abastecemento que é preciso tomar medidas correctoras e reclama ás concesionarias que sigan informando cada 24 horas 

 

 

 

 

En canto ao Concello de Redondela, o punto da rede afectado polo pico de ferro é o de San Esteban onde as análises do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (único laboratorio público de referencia en materia de saúde e acreditado pola ENAC) indican unha proporción deste metal de 760 ppb.     

 

Cómpre lembrar que a partir dos parámetros de 200 partes por billón de ferro débense adoptar medidas correctoras cara a recuperar a calidade aceptable para a autoridade sanitaria. A partir de 300 esas medidas deben ser de rápida aplicación, e xa por riba das 600 (proporción igual a da do aluminio) débense facer recomendacións de restrición do consumo. Así mesmo, recordar que para declarar a auga non apta para o consumo precísanse dúas analíticas consecutivas con valores superiores aos máximos referenciados.

 

Os técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais xa recolleron novas mostras nos devanditos puntos que se están agora analizando no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e de cuxos resultados informarase na xornada de mañá. En caso de confirmarse o positivo, Sanidade terá que recomendar a restrición do consumo.   

 

 

 

 

Lembra que para declarar a auga non apta para o consumo precísanse dúas analíticas consecutivas con valores superiores aos máximos referenciados

 

 

 

 

Á luz destes últimos valores, Sanidade reclama ás empresas encargadas do subministro municipal que tomen en consideración estes datos e apliquen a maior brevidade posible as correspondentes medidas correctoras. Ademais, mantén a solicitude das concesionarias de que informen das súas análises cada 24 horas. Mantén que os parámetros medidos a día de hoxe non garanten a aptitude da auga e que, en consecuencia, esta segue a ser de moi baixa calidade.

 

Pola súa banda, a Consellería manterá activos os seus controis cunha frecuencia máis elevada do habitual, malia que a competencia neste eido sexa dos concellos, que son os que deben garantir a calidade da auga e informar consecuentemente á autoridade sanitaria de calquera anomalía que detecte a concesionaria no subministro do servizo municipal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados