Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 1 de enero de 2018
GALICIA

4500 trens circularon sen interventor polas vías ferroviarias galegas en 2017

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37886]

 

Renfe puxo en circulación ata o 29 de Decembro de 2017, 4487 trens con só o maquinista como persoal de servizo, polas vías ferroviarias galegas.

 

Este ano foi o ano que mais trens circularon sen Intreventor a bordo, debido a falla de cadro de persoal existente nas residencias de Vigo, Ourense, Monforte e Coruña.

 

Esto traducese en que RENFE deixou de ingresar uns 55.000 €uros en billetes que fai de xeito habitual este persoal, polos viaxeiros que subiron en estacións sen venda de billetes e que non poden mercar o billete se non é a bordo do tren o Interventor uo por canles telemáticos como internet.

 

Dende o sindicato ferroviario estiman que "uns 11.000 viaxeiros non pagaron os seus billetes por falla de persoal de Intervención nos trens, viaxeiros que non computan nas estadísticas de uso do transporte ferroviario galego".

 

As liñas mais afetadas pola falla de Interventores son A Coruña-Ferrol, Santiago-Vilagarcía- Pontevedra-Vigo, polo trazado antigo e a liña A Coruña-Lugo-Monforte-Ourense e as estacións onde mais viaxeiros accederon sen billete foron Padrón, Pontecesures, Catoira, Arcade e Redondela Picota.

 

Para o sindicato ferroviario "isto supón un incumplimento do contrato de viaxe que o usuario realiza cando compra un billete, xa que non ten atención o viaxeiro dentro do tren, en servizos que teñen unha ligazón con outros trens de Longa Distancia, en información de horarios, en asitencia a persoas maiores ou con limitacións físicas ou cando acontece unha incidencia na circulación. De feito nos derradeiros arrollamientos de persoas, (en Monforte e Vilagarcía) os trens circulaban sen persoal de Intervención, polo que a asistencia e información os viaxeiros foi moi deficiente, xa que o maquinista ten que estar atento o que lle indica o Posto de Mando e as dilixencuias que fai a policía, protección civil, bombeiros, etc".

 

Pero a falla de cadro de persoal no só afecta os Interventores, os postos de venda de billetes tamén véronse minguados polo proceso de traspaso das operacións de venda de billetes e información nas estacións de ADIF a RENFE.

 

Estacións como Pontevedra e Vigo foron as mais afectadas, deixando en moitas ocasións só unha xanela aberta pra vender billetes, onde se formaban longas ringleiras de viaxeiros que quería mercar un billete e que en ocasións perdían o tren por non darlle tempo a mercar o ticket, poñendo reclamacións que triplicaronse por este motivo durante 2017.

 

"Ademais RENFE, pra suplir a falla de cadro de persoal na venda de billetes, reducíu os horarios de venda anticipada nas estacións galegas, priorizando a venta inmediata e deixando de 9:00-13:00 hs e de 16:00 a 20:00 hs a venda anticipada, cando antes tiña un horario continuado de 9:00 a 21:00 hs" explican.

 

As reclamacións nas taquillas de RENFE, dende que se fixo o traspaso de ADIF a RENEe do servizo de venda de billetes triplicouse, pola falla de persoal, os recurtes en horarios de venda e o mal servizo que RENFE está a dar nas estacións onde vende billetes.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados