Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 3 de enero de 2018
MOS

Servicio Sociais pechou o ano cunha inversión dun millón de euros

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37874]

 

O departamento municipal de Servizos Sociais pecha o 2017 "a pleno rendemento, tras un ano volcado nas persoas", como así declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro.


"Agora máis que nunca o Concello de Mos é o ‘Mos das persoas’, por iso o goberno local encabezado por Arévalo ven facendo un esforzo especial nos últimos orzamentos anuais para dotar económicamente a partida de gasto social" explican de nde o concello.


No actual 2017 a administración local mosense investiu en gasto social preto dun millón de euros (955.994,7 euros para ser exactos) destinados fundamentalmente ao Servizo de Axuda no Fogar, vivendas sociais municipais, Servizos Xantar na Casa e Teleasistencia para maiores, camas articuladas, axudas de Emerxencia Social, o novo Centro de Información á Muller e axudas para a adquisición de material escolar.


A concellería de Política Social da Xunta de Galicia aprobou concederlle, dende o pasado 1 de setembro, á administración local mosense 6.812 horas anuais máis para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que supón 567,66 horas mensuais a maiores. Actualmente o SAF presta servizo a 90 mosenses beneficiarios, que representa o maior número de usuarios da historia de Mos. A día de hoxe, da lista de espera tan só quedan pendentes: 1 usuario de grao III (que é o grao máis grave) e 2 de grao II. En total o Concello de Mos investiu no SAF en 2017 640.022,82 euros.


Tamén en 2017 sacáronse a concurso seis vivendas municipais en réxime de aluguer social: 3 delas na urbanización de San Eleuterio e as outras 3 nas antigas casas dos mestres das Escolas Unitarias de Dornelas, quedando deste xeito todas as vivendas sociais mosenses ocupadas.


Continúase así mesmo cos servizos de camas articuladas en préstamo (actualmente 36), Xantar na Casa (con 5 personas usuarias) e Teleasistencia (con 32 usuarios).


Este ano o Concello de Mos prestou axudas por Emerxencia Social, -para que persoas usuarias dos Servizos Sociais municipais en circunstancias económicas excepcionais puideran afrontar gastos tales coma os derivados da adquisición de alimentos, pagos de aluguer, facturas de electricidade, etc.-; por valor de 25.000 euros.


No novo CIM, que comezou a funcionar en verán, o Concello de Mos investiu en 2017 un total de 21.170 euros dende a súa apertura: 7.000 euros na obra para habilitar as dependencias municipais nas que se instalou o centro, 11.170 euros nos salarios da psicóloga e a avogada que prestan servizo no CIM, e 3.000 euros na organización de actividades de concienciación e prevención da violencia de xénero destinadas a público xeral e a escolares.


Por último, o Concello de Mos concedeu en 2017 axudas para a compra de material escolar por valor de 3.000 euros.

 

2018
"Para reafirmar a máxima do goberno local de que o Concello de Mos sexa o ‘Mos das persoas’ no orzamento para o próximo ano séguese a apostar polo gasto social, que se incrementa en 201.000 euros respecto de 2017 (o que representa un incremento do 12%), acadando a contía de 1.156.994,71 euros; sendo, sen dúbida, a partida que máis crece no presuposto de 2018 e representando o 11% do total do orzamento anual" estiman den de o Concello.


Dentro deste gasto social incrementouse tamén unha partida moi importante que é a que dota á suvbención anual para Asodifisi, Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos.


E tamén dentro do gasto social a alcaldesa destacou a partida de 40.000 euros só para discapacidade, na que se distribúen 20.000 euros para a eliminación de barreiras arquitectónicas e os outros 20.000 euros para organización de actividades.


Continuando co gasto social, Arévalo apuntou que se destinan "30.000 euros para axudas de Emerxencia Social (5.000 euros máis que en 2017) e destacou as partidas para Asomamos, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, para a Asociación Española contra o Cancro (AECC), a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA), servizo de camas articuladas, servizo de teleasistencia, vivendas sociais, e dependencia (á que se destinan 650.000 euros). Tamén destacou as partidas de axudas á escola e o servizo Xantar na Casa que se incrementan e a creación dunha nova partida para o novo CIM (Centro de Información á Muller) de Mos, en materia de igualdade".


“Trátrase dun orzamento pensado por e para as persoas”, segundo declarou a alcaldesa, Nidia Arévalo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados