Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 2 de enero de 2018
MOS

Tren do Nadal, paxe real e espectáculo de Uxía lambona e a banda Molona próximas actuacións en Mos

Guardar en Mis Noticias.

O xoves 4 de xaneiro a partir das 17.00 horas o Multiusos das Pozas será a sede da ilusión infantil dos cativos mosense e as súas familias.

[Img #37876]A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil mosense Julia Loureiro organiza una actividade incluída na programación de Nadal que consiste no espectáculo musical de Uxía lambona e a banda molona, que terá lugar no Multiusos das Pozas o vinceiro xoves 4 de xaneiro a partir das 17.00 horas da tarde.

 

Nesta actividade a banda de Uxía lambona promocionará o seu segundo disco, sen olvidarse dos mellores momentos do disco anterior, ademais de presentar un espectáculo cheo de novidades para os/as máis pequenos/as.

 

Por outra banda, un carteiro real recibirá ós nenos e nenas de Mos atendendo as súas peticións para os Reis Magos e recollendo as súas cartas, vestido e caracterizado entregando caramelos aos nenos/as, previo o pase do Tren do Nadal no que todos/as os interesados poderán facer unha divertida e inesquecible viaxe.

 

O devandito tren terá saída dende o Multiusos e percorrerá o traxecto ata a Capela de San Amaro para despois dirixirse ao Pavillón Óscar Pereiro e regresar novamente ao Multiusos,  mentres que o paxe real agardará no Multisuso das Pozas. A viaxe no Tren do Nadal será previa ó espectáculo de Uxía lambona e a banda molona que comezará no mesmo auditorio ás 18.00 horas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados