Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 2 de enero de 2018
TURISMO

Nava Castro salienta que os datos de 2017 amosan que Galicia “é un destino que sabe crecer”

Guardar en Mis Noticias.

Novembro, outubro, xaneiro, maio, febreiro, setembro e xuño foron, por esta orde, os meses nos que máis medrou o número de viaxeiros en Galicia, o que consolida a tendencia á desestacionalización, un dos obxectivos do Goberno autonómico.

[Img #37878]

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo balance do ano en Vigo acompañada do delegado territorial da Xunta nesta cidade, Ignacio López-Chaves. A responsable das políticas turísticas do Goberno autonómico salientou que os datos de 2017 amosan que Galicia “é un destino que sabe crecer” dun xeito sustentable. Neste sentido, indicou que o crecemento foi más intenso fóra da tempada estival, afondando no proceso de desestacionalización co que a cifra de viaxeiros repártese ao longo do ano.

 

Como expuxo, novembro, outubro, xaneiro, maio, febreiro, setembro e xuño foron, por esta orde, os meses nos que máis medrou o número de visitantes, o que permite avanzar nun dos obxectivos da Estratexia de turismo de Galicia 2020, impulsada este mesmo ano entre a Xunta e o sector en permanente diálogo, unha colaboración que está a dar resultados.

 

 

 

 

“Demos outro paso adiante en variables tan importantes como a cifra de pernoitas, a ocupación, a estadía media ou a rendibilidade”, sinalou a directora de Turismo

 

 

 

 

“Facemos balance do mellor ano para o turismo en Galicia”, declarou Nava Castro na Oficina de Turismo de Vigo, renovada recentemente para continuar mellorando a imaxe e a acollida que Galicia ofrece aos visitantes. A directora expresou a súa satisfacción non só polas cifras positivas de turistas, senón polo avance en outros parámetros, pois “demos outro bo paso adiante en variables como as pernoitas, a estadía media, a ocupación ou a rendibilidade”.

 

No remate deste Ano Internacional do Turismo Sustentable promovido pola Organización Mundial do Turismo (OMT) e que Galicia celebrou de xeito intenso, Nava Castro manifestou que estes principios “continuarán marcando o noso modelo” grazas ao que “a familia dos que queren coñecer Galicia non deixa de ampliarse a agardamos ser este ano 5 millóns”.

 

Un 20% máis no turismo rural
Ao atoparse en Vigo, Nava Castro detívose especialmente nos rexistros desta cidade que, como dixo, é unha parte fundamental da Estratexia 2020 da Xunta de Galicia. A directora de Turismo celebrou que medre por riba da media ata acadar, en liña co resto da Comunidade, marcas históricas. Así, sinalou que o número de turistas en Vigo aumentou un 15,6% ata os preto de 396.000, que realizaron 770.00 pernoitas, un 13% máis que hai un ano. Tamén se referiu á provincia de Pontevedra, onde o turismo rural medrou un 20% e os hoteis un 14%.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados