Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 2 de enero de 2018
Salceda de Caselas

A falta de orzamentos afecta a seguridade en Salceda

Guardar en Mis Noticias.

A comisión de seguridade tivo que celebrarse a instancia da oposición

[Img #37887]

 

O pasado venres 29 celebrouse a comisión de seguridade aprobada no Pleno do mes de agosto a través de sendas mocións da oposición. O grupo socialista presentou no citado pleno unha moción na que se solicitaba a constitución dun consello de seguridade, na que participase a Policía Local e todas as forzas políticas para definir un Plan de Seguridade eficiente e de acorde coa realidade actual de Salceda. Polo que a voceira socialista asegura que esta comisión non entraba dentro dos plans do goberno local como afirmou o concelleiro de seguridade na prensa, “ademais da moción presentada, tivemos que reiterar a petición por rexistro noutra ocasión, para que lle desen cumprimento ó acordo plenario”, polo que a concelleira Gela Ledo que participou na comisión cree que “o alcalde debe deixarse xa de vender como propias as iniciativas da oposición”.

 

Verónica Tourón, afirma que "a reunión cos colectivos implicados é importante, pero a falta de inversión nun problema tan serio como a seguridade no municipio ven provocada pola falta de xestión do grupo de goberno local", polo que insta ó alcalde e ó equipo de goberno a "xestionar e presentar os orzamentos que levan prorrogados dende 2016 para que se poidan facer fronte a temas tan importantes demandados polos veciños e veciñas como a falta de seguridade. Este só é un exemplo, un concello non se goberna só e sen orzamentos, e é responsabilidade do goberno presentalos para a súa aprobación. Non presentaron os de 2017 e sobre os de 2018 que deberían estar xa aprobados o alcalde limitouse a dicir no pleno anterior que non entra no libro de ruta presentalos, que a burocracia é lenta, e deste xeito está paralizado o concello, tendo só a inversión que ven doutras administracións como a Deputación”.

 

Por outra banda, a voceira socialista, considera que "o alcalde debería saír a explicarlle á veciñanza porque se negou a que a Policía Local do municipio participase nesta comisión non entendemos como se negou a atender a nosa petición para que a policía participase, non ten sentido unha comisión de seguridade sen a participación dos principais implicados, polo que debe dar explicacións”.

 

"Este non é un tema dos últimos días, os veciños levan moitos meses insistindo na falta de seguridade, roubos, vandalismo, entrada nos edificios, desperfectos no mobiliario municipal, ruídos e de aí partiu a iniciativa do noso grupo", explica a concelleira Gela Ledo engadindo que “un concello ten que velar pola seguridade cidadá e a convivencia veciñal e non vender só fume”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados