Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 2 de enero de 2018
ORZAMENTOS 2018

Gañamos dí que O Concello de Mos debe 1.174.701,82 euros de facturas do ano 2016

Guardar en Mis Noticias.

Denuncian que o ano pasado “pagáronse as facturas da luz con 5 meses de retraso”

[Img #37889]

 

Dende o grupo municipal Gañamos, Cristobal López e Marina Alcalde, veñen de emitir un comunicado no que destacan que "o goberno do PP estanos a sair moi caro" en referencia á recente aprobación do orzamento 2018 por  parte do goberno popular en Mos.

 

Dende gañamos destacan "as recriminacións que fai a Interventora do Concello de Mós no seu informe sobre os orzamentos para 2018 que presentou o PP. A interventora fai as mesmas recriminacións que fixemos o ano pasado e que por desgraza temos que manter para este ano. Se fan uns orzamentos maquillados para poder vendelos na prensa cunha recadación inflada moi lonxe da realidade e logo atopamonos ca cruda realidade facendo pagos por recoñecemento extraxudicial cada ano. Todas as cifras estan sacadas do propio orzamento e informes que o acompañan".

 

Así Gañamos sinala que o anuncio do Partido Popular dun orzamento para 2018 máis alto que o do 2017 "é grazas sobre todo a un crédito bancario de 358.431,02 €, aumentan o orzamento a base de endeudarnos máis non grazas a unha boa xestión da recaudación ou a unha boa captación de finanzamento doutras administracións".

 

"Isto non só o decimos nós, a propia interventora municipal o reflexa no seu informe no que ademáis recrimina a este goberno de inflar os ingresos. Se ten en conta un censo sen depurar para calcular a recadación por impostos directos" sinalan Lopez e Alcalde.

 

"O PP consigna esta recadación alonxada da realidade a sabendas por que só así poden soster no papel a súa política de titulares onde anuncian maravillosos incrementos no gasto social e superavits de cartónpluma. No ano 2016 os ingresos ordinarios foron case 1,2 millóns menos dos previstos e o PP empecinase nesa previsión tan ilusa só para facer un bonito titular" indican.

 

"Se ben as obras de saneamento de Tameiga son unhas obras necesareas e urxentes, non é unha boa noticia ter que endeudarnos 358.431,02 € pola incapacidade do PP de acadar financiación doutros organismos" explican.

 

Para Gañamos "na valoráción da alcaldía se omite deliberadamente que hai 1.174.701,82€ pendentes de pago do ano 2016 ao que teremos que sumar o que quede sen pagar no 2017 e o acumulado de 2015 para atrás" engadindo que "logo como o ano pasado pagamos as facturas da luz con 5 meses de retraso".

 

 

Arévalo dí que son “mentiras que demostran un descoñecemento total e absoluto da xestión municipal”


[Img #37891]

Pola súa banda a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, explica que “un ano máis e como nos teñen acostumados no Concello dende o Grupo Municipal GañaMos, fan gala da súa ignorancia facendo pública unha información radicalmente falsa respecto do orzamento para 2018”.

 

En primeiro lugar Arévalo aclarou que “a recadación non está nin inflada nin maquillada, nin lonxe da realidade” e que, a este respecto, tamén “é radicalmente mentira que figure no informe da Interventora a recriminación ao goberno por inflar os gastos”. O que figura no informe de Intervención, non é un informe desfavorable é unha recomendación de axustar os capítulos de ingresos e gastos aos padróns, ó que a alcaldesa argumentou un cálculo á alza referenciando a estimación dun aumento da recadación tributaria municipal motivada pola entrada en vigor do Plan Xeral, “e á vista está que non vou moi desencamiñada como podemos ver co anuncio da Cidade Deportiva do Celta que se instalará en Mos e todo o que esta instalación suporá”, explica Nidia Arévalo.

 

 

En segundo lugar, respecto ao préstamo bancario, a alcaldesa instou a GañaMos que deixen de contradecirse e se aclaren, que as contradiccións en política non son boas consexeiras. “Eles votaron a favor en Pleno dese préstamo que houbo que pedir para poder realizar unha importantísima obra de saneamento en Tameiga; votan a favor e agora utilizan algo que apoian como arma arroxadiza contra o goberno, algo que é rastreiro e moi perxudicial para eles mesmos xa que a veciñanza, que non é tonta, xuzga e castiga este tipo de comportamentos”.

 

 

Por último aclarar que é tamén totalmente falso que haxa 1.174.701,82 euros pendentes de pago do ano 2016. A falsedade dese dato demóstrase tamén no informe de Intervención adxunto que certifica que as únicas obrigas que quedan pendentes ascenden a 77.935,26 euros e que están pendentes única e exclusivamente porque hai aberto un proceso xudicial respecto a esas facturas e o seu pago non está autorizado.

 

 

“En definitiva, as contas municipais veñen sendo positivas dende fai anos, con Remanente de Tesourería positivo, Aforro Neto Estimado positivo, Resultado Orzamentario Axustado positivo, e Superávit positivo; e a única forma que teñen de desvirtuar estes resultados dende GañaMos é coa pataleta baseada na mentira”, di a rexedora local. Pataleta que se comproba con afirmacións públicas do tipo “no es buena noticia tener que endeudarnos por la incapacidad del PP de alcanzar financiación de otros organismos” cando o Concello de Mos é un dos municipios galegos que máis subvencións tramita e acada.

 

 

“Aprendan a xogar limpo señores de GañaMos, fórmense e infórmense; e logo serán quen de criticar a este goberno”, rematou a alcaldesa Arévalo.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados