Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 2 de enero de 2018
O PORRIÑO

Concello e Deputación investirán un millón de euros no módulo de atletismo

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37892]

 

Carmela Silva asinou o pasado día 28 de decembro os 21 convenios cos alcaldes e alcaldesas da provincia dos 25 concellos que disporán de 15 millóns de euros para obras singulares dentro do Plan de reequilibrio territorial do ente provincial.

 

A presidenta da Deputación subliñou a “celeridade” da administración provincial para  poñer a disposición dos concellos estes fondos e a dos concellos en aprobar os seus proxectos que permitirán que os entes locais podan, de maneira inmediata, licitar as obras incluídas neste plan.

 

No caso do Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 800.000€, como sinala o convenio asinado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, para levar a cabo a actuación no módulo de atletismo, cuxo custe total é de 1.000.000€.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados