Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 1 de enero de 2018
Vigo

Vigo oferta 212 novas prazas de emprego público

Guardar en Mis Noticias.

O rexedor anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local da oferta de emprego público para este ano cun total de 80 prazas. A estas súmanse outras 132 do Plan Vigo Emprega, vinculadas ao Programa Vigo Vertical.

[Img #37895]

 

O alcalde informou en rolda de prensa da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local dunha oferta de emprego público correspondente ao ano 2017 pola que o Concello de Vigo oferta 80 prazas en diferentes servizos municipais. 62 prazas en libre concorrencia e outras 18 para promoción interna. O alcalde quixo destacar que "a administración debe ter un carácter exemplarizante na integración" polo que un 6% das prazas resérvanse para persoas con algún tipo de discapacidade "moi por enriba do 2% ao que obriga a lei".



Por outra banda, o rexedor incidiu na "importancia das políticas públicas de promoción do emprego" ao anunciar a contratación de outras 132 persoas a través dunha nova edición do programa Vigo Emprega, vinculado ao proxecto Vigo Vertical dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible financiada con fondos FEDER, no que se ofertan empregos relacionados co ámbito da construción, da xardinería, a administración e a prevención de riscos, entre outros.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados