Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 4 de enero de 2018
Vigo

O rexedor destaca o efecto de "Cíes, Patrimonio da Humanidade" no incremento do turismo na cidade

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37898]

 

En materia de turismo, Abel Caballero fixo a semana pasada balance pondo en valor que o aeroporto olívico superase neste ano que remata o millón de pasaxeiros, o que supón a súa consolidación grazas á oferta de destinos actual: Madrid, Barcelona, Lisboa, Ibiza, Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao, Dublín, Boloña, Milán e Edimburgo. Amais hai outras rutas que tratarán de manterse en 2018: París, Londres, Roma, Alacante, Gran Canaria, Menorca, Sevilla e Málaga.



No resumo do máis destacado do ano 2017, o alcalde salientou que está "en marcha e a velocidade de cruceiro" a campaña "Cíes, Patrimonio da Humanidade" na que están traballando os comités científicos, económicos e sociais que desenvolverán a candidatura do arquipélago coa colaboración de grandes investigadores europeos. E puxo en valor o efecto da campaña que "produciu a recuperación do turismo en niveles inimaxinables na nosa cidade".



Amais, referiuse ao Programa de Arte Urbano que conseguiu encher de arte e transformar 60 espazos da cidade con outras tantas medianeiras e que vai xa pola cuarta edición.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados