Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 3 de enero de 2018
A GUARDA

Preséntase na Guarda o libro solidario Elefantes de papel

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37906]O vindeiro xoves, día 4 de xaneiro, presentarase na Guarda o libro solidario " Elefantes de papel" unha publicación que narra unha aventura que ten por obxectivo o que todas as aventuras, pasalo ben, gozar do camiño.

 

Para promocionalo os seus autores abriron unha páxina en Facebook que leva ese mesmo nome ,Elefantes de papel, "coa imaxe simbólica da cabeza dun elefante feito nunha técnica similar ao origami que para nós significa moito, e cada día publicamos un estado informando das novidades, deixando un anaquiño dalgún relato ou propoñendo ideas para que a xente participe e a verdade é que non nos podemos queixar porque leva menos dun mes aberta e xa pasa dos 200 seguidores" explican os autores. Consideran que "a promoción é esencial e por iso vos animamos a que sigades a páxina e a compartades ou se preferides vos poñades en contacto con nós a través da dirección de correo electrónico elefantesdepapel26@gmail.com".

 

"O feito de publicar implicou moito máis que poñerse a escribir ou recopilar textos. Berto e eu levamos escribindo dende cativos. O ano pasado fixemos algúns cursos coa escritora Clara do Roxo e alí entramos en contacto con este mundo. Participamos en certames, asistimos a presentacións, recitais, entrega de premios, etc.e cando o vimos claro dimos o paso. A verdade é que estamos moi ilusionado co proxecto e a xente que coñece a nosa escrita animounos a facelo" explican.

 

Elefantes de papel vai a doar a "Conrazones", un euro por cada exemplar que vendan do seu libro.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados