Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 7 de enero de 2018
GALICIA

Melloras en cociñas e baños de máis de 4000 fogares a través do programa Reforma 17

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37916]

 

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou que a Xunta apoiou polo de agora obras de mellora en cociñas e baños de máis de 4000 fogares galegos, ao abeiro do programa Reforma 17, que conta coa colaboración da Asociación de Empresarios de Materiais de Construción (ASEMACO) e dos 427 establecementos adheridos ao programa, un 10% máis ca na pasada edición.

 

Durante a visita que Cividanes realizou á empresa Garciventa, entidade colaboradora do programa, apuntou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitou así, a través do Reforma 17, unha facturación de arredor de 14 millóns de euros nos establecementos de materiais de construción, inducindo unha mobilización estimada, polo de agora, de 28 millóns de euros, tendo en conta a actividade económica xerada no ámbito das reformas.

 

Colaboran na edición da iniciativa, que agora está a rematar, 343 empresas con 427 establecementos comerciais. Cividanes sinalou que, ao remate da presente edición, xa pechada a efectos de presentación de solicitudes, se apoian reformas en máis de 4000 fogares, cunha mobilización estimada de máis de 28 millóns de euros.

 

O programa Reforma desenvólvese por terceiro ano consecutivo e xa ten facilitado reformas en máis de 11.000 fogares mediante a mobilización próxima aos 80 millóns de euros, sumando a facturación por vendas de mobiliario para cociñas e baños e as correspondentes obras de modernización.

 

 

 

 

Obtívose unha facturación inducida que supera os 14 millóns de euros e que se traduce nunha mobilización estimada en máis 28 millóns, tendo en conta a actividade económica xerada no ámbito das reformas e a construción

 

 

 

 

O director do Igape subliñou que o obxectivo da iniciativa, que contempla rebaixas de ata o 40% nos custos de produtos e mobiliario de cociñas e baños, busca estimular a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos que traballan neste ámbito. O programa suma unha axuda pública directa do 20% dos custos e un desconto equivalente a aplicar polas entidades colaboradoras.

 

As entidades colaboradoras, establecementos de distribución de materiais de construción, foron as encargadas de recibir e tramitar telemáticamente as solicitudes de axuda dos particulares interesados en acollerse ao programa. Como na anterior edición, o custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 17 foi de 1.000 euros, e as axudas públicas concedidas oscilan entre un mínimo de 200 e un máximo de 1000 euros.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria proponse seguir impulsando a dinamización das empresas de materiais de construción, que viron reducida a súa actividade e facturación como consecuencia da crise, que afectou de forma especial ao sector inmobiliario.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados