Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 6 de enero de 2018
GALICIA

A Xunta destinará 3 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas e edificios

Guardar en Mis Noticias.

Feijóo subliña que esta iniciativa compleméntase con outras como as axudas para obtención do informe de avaliación do edificio; ou axudas para a rehabilitación e reconstrución de vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello unha achega de 3 millóns de euros para reforzar a liña de axudas para financiar os préstamos para a rehabilitación de 500 vivendas ao longo de 2018; un incremento de máis do 63% respecto á convocatoria anterior.

 

“Seguimos apostando pola rehabilitación con máis recursos para subvencionar os xuros correspondentes aos préstamos que formalicen para rehabilitación tanto os propietarios de vivendas, como comunidades de propietarios en actuacións dos edificios”, abundou.

 

Así, por exemplo, asumirase o 100% dos intereses naqueles casos que máis o precisan durante catro anos –nivel de renda menor ou igual a 4 Iprem-. E cómpre salientar, ademais, que os préstamos poderán formalizarse con garantía hipotecaria ou persoal e estarán exentos de calquera tipo de comisión: no caso de préstamos con garantía hipotecaria o importe máximo dos mesmos será de 60.000 euros; mentres que para os préstamos con garantía persoal o máximo serán 30.000 euros.

 

Por último, Feijóo subliñou que este programa aprobado compleméntase con outras iniciativas como as axudas do Programa de rehabilitación edificatoria; o programa de axudas para obtención do informe de avaliación do edificio; axudas para a rehabilitación e remate de fachadas e cubertas; ou axudas para a rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

 

“En total temos, nos orzamentos de 2018, 40 millóns de euros, aproximadamente; e, nos últimos meses xa destinamos 12 millóns de euros a este eido, porque entendemos que a rehabilitacións é unha prioridade social, económica e identitaria”, concluíu.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados