Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 4 de enero de 2018
MOS

Mos xa conta cos seus gañadores do concurso de postais de Nadal

Guardar en Mis Noticias.

Os vencedores foron Ainara Piñeiro de 5 anos, Paulo Ces de 8 anos e Julia Pedreira de 11 anos.

[Img #37926]

 

Un total de 50 nenos e nenas mosenses de entre 3 e 12 anos participaron na última edición do concurso de postais de Nadal, que xa conta cos gañadores de cada unha das tres categorías. O fallo do xurado fíxose público durante un acto que se celebrou o pasado venres pola tarde no auditorio do Multiusos das Pozas. O xurado estivo integrado nesta edición, e por primeira vez, polos propios rapaces e rapazas participantes no concurso, que foron os que votaron ás súas creacións favoritas de entre as que se presentaron a concurso.
 


O xurado elixiu como vencedora da categoría 1 -de 3 a 5 anos- a Ainara Piñeiro Martínez de 5 anos de idade, na categoría 2 -de 6 a 8 anos- a Paulo Ces Domínguez de 8 anos de idade; e na categoría 3 -de 9 a 12 anos-, a Julia Pedreira Álvarez de 11 anos de idade. Os gañadores recibiron como premio un lote de libros e un diploma. Nas primeira e terceira categorías participaron máis dunha decena de cativos, e na segunda a cifra de rapaces participantes superou a vintena.

 

Coa chegada do Nadal chega cada ano a Mos o concurso infantil de postais de Nadal para cativos de 3 a 12 anos de idade. O concurso caracterízase pola calidade e orixinalidade das postais presentadas, así como polos seus valores positivos. A edil de Cultura do Concello de Mos, Sara Cebreiro, declarou sobre o concurso que “dende a administración local queremos aproveitar esta época tan marabillosa do ano para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos mediante o tradicional concurso de postais de Nadal Concello de Mos”, explicou a concelleira Cebreiro.

 

As características que debían cumprir as postais dos nenos participantes para poder entrar en concurso eran as seguintes: podían ser en galego ou en castelán, podíaselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.; podíanse empregar os materiais que se desexasen: ceras, lapis, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.; o tamaño non debía exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a medida mínima era de medio folio A4 por un só lado; en relación ao tema, os pequenos podían engadir tamén unha frase na postal, que podía ser un desexo que non fora de carácter material ou expresando que lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.; e, por último, a postal debía ser obra do/a propio/a neno/a, incluíndo ao final, como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptou unha postal por persoa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados