Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 3 de enero de 2018
PROVINCIA

Carmela Silva presentou co C.R.A. Mestra Clara Torres de Tui dous calendarios competenciais

Guardar en Mis Noticias.

A principal novidade desta terceira edición é que, ademais do calendario para nenas e nenos de infantil, amplíase a iniciativa aos nenos e nenas de primaria.

[Img #37931]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaba este pasado martes, xunto a Teresa Domínguez Pérez, directora do Colexio Rural Agrupado de Tui “Mestra Clara Torres”, e a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, os calendarios competencias elaborados polo Colexio “Mestra Clara Torres” coa axuda da institución e que serán repartidos polos centros escolares de toda a provincia.

 

No acto de presentación desta iniciativa, que chega á terceira edición, Carmela Silva subliñou que “é un material educativo de matrícula de honra, elaborado con criterios educativos, técnicos e cun grande coñecemento das leis educativas, e que debe converterse nun calendario de cabeceira para todos os pontevedreses e pontevedresas.”

 

A gran novidade deste ano é que ademais do calendario para nenas e nenos de infantil, amplíase a iniciativa aos nenos e nenas de primaria. En relación a esta novidade, Teresa Domínguez explicou que “a presidenta foi quen lanzoume o reto de dar un pasiño máis e elaborar un calendario para alumnos e alumnas de primaria e recollemos o guante para guialos no contexto social e familiar da actualidade.”

 

Tal e como apuntou Carmela Silva, outra das novidades desta edición é que “estes calendarios tamén axúdanos a coñecer a nosa provincia, o noso entorno. Están presentes nas súas páxinas recunchos extraordinarios da nosa provincia que en moitos casos son descoñecidos por gran parte da cidadanía.”  

 

Carmela Silva tamén quixo aproveitar a presentación, á que asistiron varios dos mestres e mestras que participaron no proxecto, para agradecer “o traballo feito por todas as persoas que participaron na elaboración destes calendarios competenciais que tanto axudarán a cambiar a sociedade.” Nestes dous  calendarios se recollen unha serie de actividades fixadas nas competencias educativas que deben contar os escolares, que establece a LOMCE (lingüísticas, matemáticas, ciencia, dixitais, sociais e cívicas, sentido da iniciativa e de expresión cultural, entre outras). Tamén recóllense outra serie de actividades para realizar en familia e recomendacións de lecturas e de cine para facer fora do horario lectivo.  Todo elo baixo a premisa de que a educación  sexa unha tarefa compartida entre a escola e a familia recolléndose así as propostas de todas as actividades en base a igualdade de xénero.

 

 

 

 

Silva resaltou que “presentamos un material educativo de matrícula de honra, elaborado con criterios educativos, técnicos e cun grande coñecementos das leis educativas”

 

 

 

 

A través da Deputación de Pontevedra os calendarios serán repartidos por todos os colexios da provincia para que, en verbas de Carmela Silva, “todos os pais e nais poidan traballar con este calendario que permite educar conxuntamente entre a escola e a familia dando moitas ideas de actividades que crean valores." A presidenta tamén engadiu que lle gusta que “as mulleres estean ben visibilidazas neste calendario pois isto vai servir para que as nenas e os nenos aprendan que hai moitísimas mulleres que a longo da historia aportaron moitísimo a nosa sociedade. A moitas non as coñecemos, están invisibilizadas e con estas iniciativas as podemos descubrir.”

 

Pola súa banda, a directora do C.R.A. “Mestra Clara Torres”, Teresa Domínguez, agradeceu “á Deputación o seu compromiso no eido da educación e por darlle a posibilidade de traballar a prol de dar e ofrecer ás familias a posibilidade de ter recursos e accións para educar mellor e dunha maneira máis responsable.”

 

Para rematar, Carmela Silva apuntou que considera “fundamental un pacto de estado pola educación. Ten que darse por arriba ou por abaixo pero ten que darse. A educación ten que volver a ser o dereito fundamental da cidadanía para construír outra sociedade diferente. Os cambios das estruturas sociais só se poden conseguir dende a Escola.”

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados