Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 3 de enero de 2018
GALICIA

A estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego

Guardar en Mis Noticias.

Só o 7,5 por cento da contratación en Galicia é indefinida e a taxa de cobertura segue en mínimos.

"Os datos de paro rexistrado en Galicia reflicten que na nosa Comunidade non se está a crear emprego ao mesmo ritmo que no resto de España. A estacionalidade e a baixa calidade e duración destas contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego" segun do valoran den de UGT.

 

En Galicia cae o paro no mes de decembro nun 1,2 por cento, aínda que de forma menos acusada que no Estado, onde caeu o 1,8 por cento. Hai 185.013 persoas desempregadas en Galicia, 2.162 menos que no mes anterior. No Estado hai 3.412.781 persoas desempregadas, unha contracción de 65.000 persoas desempregadas.

 

Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 10,2 por cento, é dicir, 20.901 desempregados menos pero, neste caso, cunha contracción moito mellor que na media estatal, o -7.8 por cento (290.193 menos).

 

As cifras medias de desemprego no ano 2017, 194.428 desempregados de media, vanse contraendo, pero aínda están moi por encima dos valores precrise.

 

[Img #37934]

 

O desemprego segue asañándose nas mulleres

Por sexos seguen en peor posición as mulleres que os homes, representando o 56 por cento do total, a pesar da mellor evolución no mes de decembro do desemprego nas mulleres que nos homes, xa que nestes medra o paro, por mor da Construción, nun 1,2 por cento e nas mulleres se contrae o 2,9 por cento (por mor da evolución do sector servizos, pola temporada de Nadal). Aínda así, as cifras falan por si mesmas, 81.498 homes desempregados e 103.515 mulleres. A maior discriminación por sexos compróbase en termos interanuais, xa que no ano cae o desemprego nos homes nun 13,6 por cento, mentras que e nas mulleres a diminución é moito menor, só o 7,2 por cento.

 

En canto a tramos de idade, hai 8.710 mozos e mozas menores de 25 anos desempregados. É unha cifra que se contrae un 11,7 por cento neste mes de decembro, de forma moi superior ao conxunto de idades. No ano hai unha evolución menos acusada que á do total de idades: mentres que no total de idades cae o 10,2 por cento, nos menores de 25 anos a diminución é do 7,3 por cento.

 

A estacionalidade favorece a creación de emprego no sector de Servizos

"Ao analizar por sectores de actividade, faise moi evidente o efecto da estacionalidade. A campaña comercial de Nadal representa una contracción do desemprego no sector de Servizos. Así, neste sector, hai 2.905 persoas persoas desempregadas menos, unha dimunución do 2,3 por cento. Tamén no colectivo Sen Emprego Anterior hai unha diminución do 5,7 por cento, o que representa 945 persoas desempregadas menos, aínda que seguramente debido ás contratacións do Nadal, empregos de poucos días na súa maioría das veces. Nos restantes sectores medra o desemprego no mes", explican dende UGT Galicia.

 

En termos anuais, hai un descenso acusado no conxunto de actividades, con porcentaxes moi elevados de contracción na Construción, o 22,4 por cento de desempregados rexistrados menos, no Primario cun 15,8 por cento de diminución do desemprego e na Industria cun 13,9 por cento menos de persoas desempregadas. Pero, en termos absolutos, a maior contracción dáse no sector Servizos, o sector de maior ocupación, no que nun ano cae o desemprego en cerca de 10.000 persoas.

 

[Img #37935]

 

O emprego que se crea, "nin é fixo nin de calidade"

"Cos datos de decembro ponse de releve que as empresas galegas seguen facendo maioritariamente contratos temporais, hai un claro abuso da contratación temporal. No mes de decembro fixéronse 71.531 contratos, destes tan só unha porcentaxe moi baixa, o 7,5 por cento, foi contratación indefinida. Tan só 5.365 contratos foron indefinidos" explican.

 

A taxa de cobertura segue estando por debaixo da media de España

O número de beneficiarios de prestacións en novembro de 2017 (último dato dispoñible) foi de 91.607. Esta cifra amosa unha nova caída anual, xa que son 6.452 menos que en novembro de 2016. A taxa de cobertura foi do 53,7 por cento, deixando fora do sistema de protección por desemprego a preto de 96.000 (95.568) desempregados. A taxa de cobertura no mes de novembro foi superior no Estado, o 57,9 por cento. Hai un forte diferencial entre as taxas dun e outro contexto, o que amosa a clara desvantaxe das persoas desempregadas da nosa comunidade.

 

Tan só 38.795 beneficiarios de prestacións por desemprego son de carácter contributivo, o 42,3 por cento do total, o que indica a precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 782,4 euros (Contía media prestación contributiva percibida por beneficiario -euros/mes-).

 

A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexan Subsidio (40.592), Renda Activa de Inserción (9.805 perceptores) ou Programa de Activación para o Emprego (2.415 beneficiarios).

 

A afiliación á SS tampouco mellora o dato: para asentar un novo afiliado/cotizante á SS precísanse máis de cincuenta contratos

"Tampouco hai bos datos de afiliación/cotizantes á SS. Sitúase a cifra en decembro en 985.448 cotizantes, polo que cae en 3.709 cotizantes menos no mes, o que supón un 0,38 por cento menos. A pesar da caída do desemprego, non é suficiente para un repunte nas cifras de afiliacións/cotizacións. Galicia segue amosando unha evolución contraria á media estatal, contexto no que medra o 0,23 por cento por cento" indican dende UGT.

 

Se tomamos os datos anuais, medra en Galicia a afiliación nun 2,25 por cento no ano, no Estado tamén, pero nunha porcentaxe moi superior, o 3,42 por cento. No Estado hai 18.460.201 afiliados cotizantes.

 

"Como dato moi reseñable que demostra a rotación do mercado laboral galego, cabe destacar que no ano 2017 houbo un total de 1.020.962 contratos asinados. Máis de un millón de contratos para que só houbese unha medra de afiliación á SS de 20.344. Isto significa que, para asentar un novo afiliado/cotizante á SS precísanse máis de cincuenta contratos" explican.

 

Na nosa economía, que medra a un ritmo do 3,1 por cento (aumento do PIB, último dato), segue habendo unha fonda crise de emprego.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados