Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 5 de enero de 2018
MOS

O Concello venderá nichos no cemiterio de Torrroso ao prezo de 1028 euros

Guardar en Mis Noticias.

Próximamente abrirase o prazo de inscrición para optar á concesión dos 39 nichos valeiros existentes no Cemiterio Municipal de Torroso.

[Img #37951]

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou esta semana as bases para a concesión de nichos no Cemiterio Municipal de Torroso. Son un total de 39 bocas ás que poderán optar os interesados/as, que terán un prazo para presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de 30 días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).

 

As sepulturas que se ofertan en concesión son as correspondentes aos números 230 ao 233, 240-241 e 248 ao 279 no bloque K do cemiterio. O prezo mínimo por nicho será de 850 euros máis IVE e a concesión máxima para cada un ascenderá a 50 anos podendo prorrogarse unha soa vez por outros 10 anos máis.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os primeiro e segundo tenentes de alcalde e concelleiros de Contratación e Patrimonio mosenses, Alberto Méndez e Camilo Augusto, respectivamente; informaron de que “dende o ano 2014 a administración local non abría un procedemento para a concesión demanial para o uso privativo de sepulturas valeiras no Cemiterio Municipal de Torroso, polo que agora trátase dun bo momento para optar á devandita concesión para aquelas persoas que estean interesadas”. No ano 2014 ofertáranse o mesmo número de nichos, un total de 39.

 

Poderán optar á concesión dun destes nichos as persoas físicas de nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea, os cónxuxes, con independencia do réxime económico matrimonial, e as agrupacións de persoas físicas en réxime de cotitularidade, ó abeiro da lexislación civil, quen deberán de sinalar ante o Concello ó seu representante, de modo acreditado, e sempre e cando teñan plena capacidade xurídica. E non poderán ser concesionarios dos nichos ofertados as persoas xurídicas, salvo que sexan participadas na súa maior parte polo Concello ou que as adquiran por transmisión mortis causa, ou por mandato xudicial ou administrativo.

 

Entre os criterios de valoración para proceder á adxudicación destes nichos valorarase con cinco puntos o feito de que o/a solicitante se atope empadroado/a no Concello de Mos durante o ano anterior á publicación do anuncio de licitación.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados