Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 7 de enero de 2018
GALICIA

A Xunta entrega dous novos vehículos destinados ao grupo de menores da Policía Autonómica

Guardar en Mis Noticias.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor entregou esta semana os vehículos na sede da Dirección Xeral.

[Img #37958]

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor entregou esta semana dous novos vehículos destinados ao grupo de menores da sede de Santiago.

 

Segundo explicou o director, os vehículos son para o uso específico polos policías dos grupos de  de menores da Autonómica, e contan cun sistema de kit traseiro especial, que permite unha maior seguridade nos desprazamentos e  traslados, tanto para os funcionarios de servizo como para as persoas que deban ser trasladados aos centros de que se trate.

 

 

 

 

Coa entrega destes 2 vehículos continúase coa política de renovación dos vehículos da Policía Autonómica, cunha inversión que acada 1,2 millóns de euros

 

 

 

 

Se continúa deste xeito coa política de renovación dos distintos vehículos  da Policía Autonómica, que comezou coa dotación de 3 furgonetas ao grupo ERPOL nos anos 2013 a 2015, 12 vehículos 4x4 entregados no ano 2016,  continuando no  2017 con outros novos 30 vehículos todo terreo, dotados con sistema de tracción 4x4, neste caso para as Unidades de Medio Ambiente.

 

Nesta ocasión se entregan estes 2 vehículos, específicos para o traballo dos grupos de menores da UPA, salientando ademais  que neste mesmo ano se van a adquirir outros 4 vehículos das mesmas características. Deste xeito se producirá a renovación completa dos 6 coches actuais destinados a estas tarefas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados