Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 8 de enero de 2018
MOS

Record para Mos en materia de creación de emprego

Guardar en Mis Noticias.

As cifras de decenso da taxa do paro do pasado mes de decembro superan en moito os niveles acadados no conxunto de España e en Galicia.

[Img #37966]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron  da "histórica baixada do paro que experimentou Mos o pasado mes de decembro de 2017". O Concello mosense reduciu a lista de desempregados en máis dun 6% respecto do mes de novembro (mentres que en España descendeu un 1,77%, en Galicia a baixada foi do 1,16% e en Andalucía, a Comunidade española naque máis baixou, do 3,1%) e en máis dun 13% respecto á mesma data de 2016, moi por enriba dos niveis acadados en España e en Galicia.


O dato máis alto das cifras de desemprego en Mos producíase en marzo 2013, con 1.900 parados (811 máis que actualmente). Mentres que os datos actuais atópanse por baixo dos 1.103 parados de decembro 2005, xa que en decembro de 2017 a localidade mosense contaba con 1.089 veciños/as en situación de desemprego. Cómpre destacar neste senso que, mentres que Vigo, a maior urbe da Comunidade Autónoma Galega, retoma niveis de paro de 2008, o Concello de Mos logra xa retomar e incluso diminuír a taxa de desemprego de 2005.


Os representantes municipais Arévalo e Soto declararon a este respecto que“con estes datos constátase a recuperación do emprego no noso Concello, e por tanto a recuperación da actividade empresarial. A recuperación trasládase ao mercado laboral mosense e cada vez chega a un maior número de persoas. O mercado laboral mellora gradualmente e o emprego que se crea vai gañando progresivamente en calidade a medida que se asenta a recuperación”. Os datos de paro actuais son os segundos mellores da Área Metropolitana.


En datos absolutos o Concello de Mos tiña en decembro 72 parados menos que en novembro, e 94 menos que en outubro. Respecto de fai un ano, en decembro de 2016 Mos contaba con 1.312 desempregados, fronte aos 1.089 de decembro de 2017, o que representa unha reducción anual de 223 persoas en situación de desemprego e unha reducción porcentual da taxa do paro do 20,48%.


O Concello de Mos pode enorgullecerse de ter traballado duro e de xeito constante en materia de emprego e de ter logrado, a pesar da crise económica e das dificultades atravesadas polo mercado laboral a nivel nacional, reducir o número de habitantes en situación de desemprego progresivamente dende o ano 2012 pasando dos 1.845 desempregados/as daquel entón aos 1.089 actuais. A progresiva evolución descendente foi a seguinte, tomando como referencia os meses de decembro dos anos 2012 a 2017: en decembro de 2012 había en Mos 1.845 parados, en decembro de 2013 eran 1.795, no mesmo mes de 2014 1.620, en 2015 1.414, en 2016 1.312 e en decembro de 2017 había en Mos 1.089 desempregados/as.


Destacar por último os datos relativos ao perfil dos 1.089 parados actuais do Concello de Mos. Destas 1.089 mosenses en situaci    ón de desemprego, só 42 son menores de 25 anos e os 1.047 restantes son maiores de 25 anos. Por outra banda destes 1.089 desempregados/as, un total de 453 son homes e 636 mulleres. Polo que se pode concluír que o colectivo máis castigado polo paro en Mos é o das mulleres maiores de 25 anos. Por sectores, o que máis paro rexistra en Mos é o sector servizos con 653 desempregados/as, seguido de industria con 243, construcción con 106 e agricultura e pesca con 23; tamén existen 64 desempregados/as que non tiveran emprego anteriormente.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados