Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 12 de enero de 2018
MUNDO EMPRESA

A Xunta impulsará este ano as exportacións de 300 pemes galegas a través do Plan Foexga

Guardar en Mis Noticias.

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou, durante a súa visita á Vermutería de Galicia en Padrón, que a crecente presenza das pequenas e medianas empresas nos mercados exteriores está a ser fundamental para consolidar o crecemento da economía galega e a xeración de emprego.

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou, durante a súa visita á empresa Vermutería de Galicia,que a crecente presenza das pemes nos mercados exteriores está a ser fundamental para consolidar o crecemento da economía galega e a xeración de emprego na Comunidade.

 

Cividanes salientou que co Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga), ao que se acolleu Vermutería de Galicia para explorar mercados como Reino Unido e Suíza, a Xunta prevé impulsar este ano a internacionalización de arredor de 300 empresas, facilitando a súa presenza en feiras internacionais ou a súa participación en misións comerciais directas no estranxeiro. Así, os vermús de Albariño St. Petroni elaborados por esta empresa expórtanse a 15 países, entre os que se atopan Holanda, Alemania, Rusia, Colombia ou Xapón.

 

Mediante o Plan Foexga a Xunta apoiou o pasado ano a internacionalización de preto de 200 empresas que participaron en máis de 300 accións promocionais en 36 países. Entre os sectores que están a abrir novos mercados co apoio do Foexga destacan o agroalimentario, cun 40% das empresas participantes na pasada convocatoria, seguido do metal e maquinaria, cun 20%, ou o enxeñaría e consultaría, cun 9%.

 

 

 

 

Puxo como exemplo a esta compañía que se acolleu ao plan Foexga para explorar novas oportunidades de negocio no Reino Unido e Suíza, e que xa está presente en quince mercados internacionais

 

 

 

 

O plan Foexga, ao que a Xunta destina este ano 1,4 millóns de euros, desenvólvese en colaboración coas Cámaras de Comercio galegas, que coordinan as accións internacionais centradas en incrementar as exportacións cara a países como Alemaña, A China, Brasil, Estados Unidos, México, Perú, Reino Unido, Canadá, Chile, Francia, Italia, Rusia ou Xapón, entre outros mercados de interese para o tecido empresarial galego.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria cobre, a través do Igape e contando con cofinanciamento do Feder, o 90% dos custos das accións Foexga, correspondendo o 10% restante ás achegas dos participantes. Poden beneficiarse destas axudas, ademais das empresas, os autónomos que buscan comezar ou reforzar a súa internacionalización.


O director do Igape salientou que a Xunta considera de especial interese impulsar, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, accións colaborativas como as organizadas no marco do programa Galicia Exporta ou as coordinadas polas Cámaras para sumar esforzos e sacar mellor rendemento dos recursos públicos, acelerando a internacionalización  das empresas.

 

 

 

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coas Cámaras de Comercio, proporcionou o pasado ano apoio a preto de 200 empresas a través de máis de 300 accións para que participasen en misións comerciais no estranxeiro ou en feiras internacionais

 

 

 

 

Galicia Exporta
Neste sentido, para seguir apoiando a presenza do tecido empresarial galego en novos mercados –en especial das pemes–, diversificando os sectores internacionalizados e ampliando o número de países aos que exportan, a Xunta tamén destina 6,5 millóns de euros ao programa Galicia Exporta. Por medio de liñas específicas tanto para proxectos particulares de empresas como para proxectos colectivos coordinados por organismos intermedios empresariais, o Igape apoia tanto actividades de difusión, como a participación en eventos expositivos no exterior ou accións de prospección internacional. O prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto e ten como obxectivo achegar apoio directo a máis de 300 empresas para facilitar o seu crecemento nos mercados exteriores.

 

Como mostra de que se traballa na dirección acertada, Cividanes destacou a favorable evolución das exportacións que, segundo os últimos datos, medraron en Galicia un 8,2% nos primeiros dez meses de 2017, entre xaneiro e outubro, logo de marcar o seu récord histórico en 2016, cando superaron os 20.000 millóns de euros ao final do ano. O director do Igape salientou que, co Plan Foexga e con iniciativas como Galicia Exporta, a Xunta reafirma o seu compromiso coa aposta exportadora amosada polas empresas galegas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados