Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 10 de enero de 2018
TOMIÑO

Tomiño celebra o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia

Guardar en Mis Noticias.

Entre as 20 demandas recollidas no campamento urbano de verán, os integrantes do consello decidiron dar prioridade á petición de máis cine ao aire libre, máis acampadas e arranxos nos parques.

[Img #37986]

 

Tomiño segue a dar pasos adiante para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos. Nese camiño, Tomiño vén de celebrar o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia, no que participaron 7 mozos e mozas, aínda que hai máis persoas interesadas que se irán incorporando nas vindeiras reunións.


Neste primeiro encontro, os participantes revisaron as máis de 20 demandas recollidas durante o campamento urbano de verán e acordaron tratar como prioritarias tres peticións concretas. Por un lado, a posta en marcha de máis actividades de cine ao aire libre, incluso contemplando a posibilidade da creación dun cinema. Por outra banda, os mozos e mozas reclamaban que se fixeran máis acampadas e que se amplíe a máis cursos a actividade de Turonia, un campamento urbano con distintas actividades e saídas para coñecer os municipio.


Por último, o Consello da Infancia e da Adolescencia acordou tamén realizar charlas sobre bullyng, machismo, consumo de drogas e LGTBI e dar prioridade aos arranxos dos parques públicos e ao cambio do chan da pista de skate de Goián que “non é axeitado”. A acta recolle que “cando se planifique a realización das obras é bo ter en conta a opinión e demanda de adolescentes que coñecen as características necesarias para un uso óptimo”.


A vindeira reunión establecerase para o mes de xaneiro, o mércores 17 (18.00 h) ou o sábado 20 (17.00 horas) en función de en que data poida participar o maior número de asistentes posibles, xa que neste primeiro encontro houbo moitos mozos e mozas que non puideron acudir por incompatibilidade horaria. Será nese próximo consello no que se decida a organización e se valoren os contidos do regulamento interno.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados