Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra aproba a modificación da ordenanza de abastecemento de auga potable

Guardar en Mis Noticias.

Dende o Concello buscan "aplicar unha redución do recibo por averías domésticas"

O pasado 26 de decembro o Pleno da Corporación do Concello de Salvaterra de Miño procedeu a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do Servizo de abastecemento de auga potable, no referente a Averías. 

 

O Grupo de Goberno presentou unha modificación no suposto de constatarse a existencia de averias ocultas nas instalación interiores que desvitúen o volumen de consumos domésticos do usuario, a través do calculo do consumo medio habitual dos dous últimos semestres anteriores, sendo a cota tributaria a abonar a media calculada incrementada nun 150%, co fin de que os usuarios e usuarias non se encontren con uns consumos desorbitados derivados de averías e non de consumo realizado, sempre  e cando esté informado favorablemente polo técnico municipal correspondente.

 

Hay que recordar que o Concello de Salvaterra de Miño apostou dende un principio por achegar o servicio de abastecemento de auga a todos os seus veciños e veciñas, xa que foi sempre unha prioridade para o Equipo de Goberno ter un servicio e unha auga de calidade, así a día de hoxe o  municipio conta con auga en 14 parroquias e con mais de 3.100 contadores, un servicio que xestiona directamente este Concello.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados