Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 10 de enero de 2018
PROVINCIA

A Deputación inicia as obras para mellorar a estrada EP-2804 en Fornelos de Montes

Guardar en Mis Noticias.

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a actuación ten un orzamento de 28.246,09 euros.

[Img #38020]

 

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de rehabilitación estrutural do firme dun treito de medio quilómetro na estrada provincial EP-2804 entre Fornelos e Ventín, no termo municipal de Fornelos de Montes. A intención, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, é mellorar a seguranza viaria, obxectivo prioritario da Estratexia de Mobilidade 3.0 do novo goberno provincial.

 

A actuación realizarase nun treito de 500 metros, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+500. Segundo explican os técnicos provinciais, nese ámbito fresarase parte  do firme existente, aplicarase unha rega de adherencia, a correspondente nova capa de rodadura e unha nova capa de material antiescorregadizo para rematar a actuación coa sinalización horizontal. Tamén se realizará unha limpeza e reperfilado das cunetas e as marxes coa roza dos noiros de ata catro metros de altura. O orzamento para facer estes traballos ascende a 28.246,09 euros, e prevese que estean executados nun prazo dun mes.

 

É preciso lembrar que este tipo de melloras e actuacións de mantemento dos firmes das estradas provinciais realizarase a partir de 2018 a través dun novo contrato marco que permitirá axilizar as licitacións. En virtude dese acordo marco, a provincia dividirase en cinco zonas nas que cinco empresas diferentes serán as responsables da execución de todas e cada unha das obras necesarias en cada área. O lote no que está o mantemento viario do concello de Fornelos inclúe tamén os municipios de Ponte Caldelas, A Lama, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente, cun investimento de 711.896,06 euros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados